Galería

Xulio Ferreiro agarda que a Deputación da Coruña siga unha liña de “transparencia e obxectividade”

20150716 ALCALDE- DEPUTACIÓN  2

O alcalde, Xulio Ferreiro, estivo presente este venres no acto de constitución da nova corporación da Deputación da Coruña, que estará presidida polo rexedor das
Pontes, Valentín Formoso. O dirixente coruñés indicou que agarda que o novo ente provincial traballe en base a uns principios de “transparencia e obxectividade”, principios nos que atopará a colaboración do Consistorio coruñés.

“O discurso que fixo o novo presidente da Deputación vai na liña desa necesidade de transparencia e obxectividade. O que esperemos é que a forma de gobernar estea en consonancia coas promesas que hoxe se fixeron aquí”, explicou Ferreiro ante os medios de comunicación.

“Nós apoiamos este Goberno sen pedir nada a cambio, nada para nós, todo para os cidadáns. Esa é a nosa forma de entender a política e é o mesmo que lle pedimos a todos os grupos municipais de María Pita, que se actúe con responsabilidade e se pense no ben común e nos cidadáns á hora de plantexar pactos, deixando a un lado os intereses persoais de cada quen”, dixo Ferreiro, preguntado acerca das posturas dos distintos partidos con representación na Corporación Municipal da Coruña.

O rexedor coruñés espera que “entre hoxe e mañá” se poidan desbloquear as negociacións para sacar adiante o Pleno de Organización. “Agardamos que as cousas saian ben e sexa aprobado por unha maioría ampla, como entendo que tamén ocorrerá aquí, na Deputación da Coruña”, indicou.

Por outro lado, Ferreiro recordou que os concelleiros e concelleiras con responsabilidade no Goberno municipal levan xa un mes traballando se percibir ningunha remuneración. “O mínimo que precisan é poder contar con persoal de apoio, e ese é o único que se está a contratar polo momento”, explicou. “A proposta que fixemos á oposición é xenerosa, tamén en canto á dotación do número de
asesores, pero o Goberno tamén precisa de persoal de apoio para poder facer o seu traballo, para poder gobernar, que é o que precisa a veciñanza”, dixo.

Noutra orde de cousas, o alcalde da Coruña lamentou que esta nova Deputación da Coruña “teña unha composición tan pouco paritaria”. “Desta forma oculta o papel da muller nunha organización  que é relevante para os concellos da provincia”, opinou, para engadir: “É algo que non debería de pasar nestes tempos xa que invisibiliza o papel da muller na vida pública”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s