Galería

O Concello habilita máis de 400 prazas de estacionamento para residentes da Cidade Vella durante a Feira das Marabillas

 

20150717 JOSÉ MANUEL SANDE-  FEIRA DAS MARABILLAS 1

O Concello porá a disposición dos veciños e veciñas da Cidade Vella máis de 400 prazas de estacionamento durante a Feira das Marabillas, que se celebra a partir do próximo martes, día 21 e ata o domingo, 26, un número “que se axusta ás necesidades reais da
zona”, segundo salientou o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, na mañá deste venres, durante a presentación do evento. Un día antes do inicio da feira (o luns 20, desde as 11.00 horas), o casco vello quedará pechado ao tráfico para as labores de montaxe. Desde esa data e ata o luns seguinte, os veciños e veciñas terán varias opcións de estacionamento alternativo. Por unha banda, habilitaranse 220 prazas custodiadas por vixiantes na avenida do Metrosidero e no Paseo Marítimo, desde o cruzamento con Veramar ata a intersección coa avenida
do Metrosidero; por outra, terán dispoñibles algo máis de 200 nas rúas que rodean a parte alta da feira, como son Campo de Estrada, Reitorado, Mestranza e avenida do Metrosidero, que estarán debidamente sinalizadas.

Estes estacionamentos serán exclusivos para as persoas residentes na Cidade Vella, que empregarán para identificarse a tarxeta ordinaria expedida por Mobilidade, da que xa dispoñen preto de 900 veciños. Esta é unha das novidades da presente edición da feira medieval, na que se suprimirán as tarxetas específicas e nominais que funcionaban en anos anteriores. Desde o Concello chaman a aqueles residentes que non dispoñan dela por algún moetivo a comunicar o seu caso a través do
teléfono 010 para que se lles poida conceder unha específica para estas datas.

A Feira das Marabillas é, como sinalou o concelleiro durante a presentación desta XXI edición, “un dos acontecementos emblemáticos do verán” e un evento cunha alta dose de participación, xa que está xestionada pola asociación de comerciantes da Cidade Vella, ACECA. Neste sentido, Sande subliñou o impacto económico que ten “nunha zona clave da cidade, que require un pulo, un impulso”. Nesa liña, o presidente da entidade comercial que organiza a feira, Adolfo López, destacou a cita como “o evento máis importante que se fai na Cidade Vella desde o punto de vista económico”.

 

Comisión de garantías

O responsable municipal de Culturas, Deportes e Coñecemento anunciou outra das novidades desta edición da feira: a creación dunha comisión de garantías, que estará encargado de facer unha análise da experiencia para ver que melloras pode haber en terreos como a seguridade, a mobilidade, a igualdade ou o medio ambiente. Neste sentido, Sande indicou que a maior parte das concellerías estarán involucradas nesta comisión, coa idea de estudar o desenvolvemento dos festexos.

Ademais, e segundo avanzou o concelleiro, este ano haberá unha redución no número de postos e apostarase por “un equilibrio” entre a hostalería e a artesanía e traballarase polo coidado do medio ambiente e do tratamento animal.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s