Galería

Xulio Ferreiro: “Estamos a piques de alcanzar un acordo unánime histórico para a organización do Concello”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, cualificou este venres de “histórico” o acordo que está a piques de asinarse con todos os grupos municipais para sacar adiante a organización do Concello. “É un acordo histórico porque nunca no Concello os grupos tiveron tantos medios como van ter, e tamén é histórico porque marca un punto de inflexión”, salientou o rexedor. “Xa non pode haber no futuro outra forma de entender a vida política; estase propoñendo un acordo importante por todos os lados, tamén por parte dos cidadáns, polo que esperamos que isto se traduza nun mellor xeito de gobernar”, explicou Ferreiro, quen sinalou non obstante que “este acordo global segue a supoñer un aforro con respecto ao pasado mandato”.

Durante as negociacións alcanzouse un acordo entre os grupos que permitirá sacar adiante o Pleno de Organización, aínda que se esperará ata o luns para ter a unanimidade. “Nunha negociación é necesario buscar puntos de consenso”, indicou o rexedor. A previsión é que o próximo luns, día 20, poida asinarse o acordo e convocar o Pleno de Organización para o xoves.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s