Galería

A Concellería de Medio Ambiente reforza durante o verán a recollida de lixo procedente da hostalería na zona da Pesquería

A Concellería de Medio Ambiente está a intensificar o servizo de recollida de residuos urbanos na Pesquería cunha quenda de recollida en horario de tarde que se manterá durante os meses de xullo e agosto e que vén a completar o servizo nocturno diario. A
medida servirá para facer fronte ao aumento de refugallos tanto orgánicos como inorgánicos, como embalaxesque xera o sector hostaleiro durante o verán, derivado do incremento da actividade.

O reforzo, que entrou en funcionamento o pasado día 15 e se manterá ata o 31 de agosto, implántase na zona centro, entre a rúa Juana de Vega e o Campo da Leña, por ser a que máis actividade hostalería concentra. A zona hostaleira céntrica caracterízase por moitos negocios pequenos (algúns familiares) con pouco espazo e especializados en produtos perecedoiros, como aqueles procedentes do mar; na maioría dos casos, os locais non teñen espazo de almacenamento no seu interior. Para desenvolver este servizo estanse a empregar dous vehículos bicaixa de carga traseira, cun condutor
e un peón cada un, para recoller os colectores de lixo orgánico e inorgánico.

De xeito complementario, o Concello incrementou tamén o número colectores en superficie de orgánico e inorgánico durante o horario de tarde, en diversos puntos: no cruzamento da rúa Nova coa rúa Real; General Mola coa rúa Galera, na intersección da Galera con Torreiro, na rúa da Florida e en Riego de Agua. Os colectores retíranse unha vez que remata a quenda de reforzo de limpeza, arredor das oito da tarde.

Para conseguir unha mellor efectividade destas accións, nas que o Goberno local inviste 50.000 euros, o Concello pide aos hostaleiros que colaboren, levando os residuos separados aos colectores, ou aos depósitos máis próximo, en caso de atopalos cheos, para evitar que as bolsas permanezan na rúa, e depositando o papelcartón
e o vidro nos seus colectores correspondentes.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s