Galería

A Feira das Marabillas contará cunha comisión de garantías na que participarán Concello, veciñanza e comerciantes da Cidade Vella

Os concelleiros de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande; Mobilidade Sostible, Daniel Díaz; Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga; Medio Ambiente, María García; e Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, mantiveron unha reunión este luns con membros da Asociación de Comerciantes da Cidade Vella da Coruña (Aceca) así como coa asociación de veciños dese mesmo barrio para falar da Feira das Marabillas, que botará a andar este martes, 21 de xullo. No encontro tamén estiveron presentes o director da Área de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, e representantes da Policía Local, Protección Civil, Bombeiros e Imce.

A Feira das Marabillas, que terá lugar nas rúas da Cidade Vella dende o día 21 e até o 26, contará este ano cunha comisión de garantías na que os principais actores implicados avaliarán o seu desenvolvemento. Ademais, acordouse a creación dun punto informativo para a veciñanza da zona afectada pola celebración do evento. Estará dispoñible a partir das 18.30 horas de mañá, martes.

Por outro lado, o Concello está a estudar a posibilidade de que os residentes no perímetro da Cidade Vella tamén poidan ser receptores das tarxetas de aparcamento que o Goberno local pon a disposición dos veciños da zona durante os días que dura o festexo. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, manifestou a este respecto que a intención do Goberno municipal é “chegar a unha solución para crear as menores incomodidades posibles”. “Xa se está a intentar con diversas medidas postas en marcha como modificar un pouco a distribución dos postos, e incluso o número
dos mesmos, para que os veciños estean o menos afectados posibles, e para que a propia hostalería local lle poida sacar partido a feira”, indicou.

En concreto, este ano, o Concello porá a disposición dos veciños e veciñas da Cidade Vella máis de400 prazas de estacionamento durante os días que dure a Feira das Marabillas. Por mor do evento, o Casco  Vello permanecerá pechado ao tráfico dende a mañá deste luns e até dentro dunha semana. En concreto, habilitaranse 220 prazas custodiadas por vixiantes na Avenida do Metrosidero e no Paseo Marítimo e d esde o cruzamento con Veramar ata a intersección coa avenida do Metrosidero; por outro lado, os veciños terán dispoñibles algo máis de 200 nas rúas que rodean a parte alta da
feira, como son Campo de Estrada, Reitorado, Mestranza e avenida do Metrosidero, que estarán debidamente sinalizadas.

O Concello, na busca de facer uns festexos que agraden a toda a veciñanza e xeren o menor impacto posible nos barrios, fará un balance con organización e veciños da Feira das Marabillas cando esta remate de cara a mellorar diversos aspectos nas vindeiras edicións. “Este ano tivemos un tempo máis reducido pola data en que chegamos a María Pita, pero de cara ás próximas edicións debemos traballar xuntos para que a feira sexa o máis produtiva posible para a cidade e cree os menores contratempos posibles á veciñanza”, explicou Ferreiro.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s