Galería

Culturas e Deporte presenta o tríatlon “Hércules XTRM”, no que participarán 500 deportistas

HerculesXTRM

O Concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a segunda edición do tríatlon de media distancia Hércules XTRM, unha
proba urbana que disputarán 500 deportistas locais e procedentes doutros puntos do país ou rexións como Francia, Brasil ou Nova Zelanda.

O concelleiro amosou “o apoio absoluto” do Concello as probas deportivas na cidade.
Precisamente, Sande lembrou que a proba estivo “técnicamente” anulada tras ser avaliada polas áreas de seguridade e mobilidade municipais, xa que o percorrido inicial coincidía no tempo e espazo con obras da Mariña e a mesma Feira das Marabillas, e poderían provocar colapsos no centro da cidade. O concelleiro confirmou a celebración da proba grazas ao “traballo conxunto” do Concello xunto á organización do tríatlon, co cambio de data e percorrido. A nova ubicación, na contorna de San Amaro, permitirá o desenvolvemento desta singular carreira na que medio millar de deportistas nadarán 1,9 quilómetros e, despois da primeira transición, pedalearán 90 quilómetros polo Paseo Marítimo. No último tramo, o grupo correrá 21 quilómetros polo contorno da Torre de Hércules.

Unha das novidades desta edición do Hércules XTRM será a proba W et & Run , pensada para “fomentar o deporte popular e de base”, segundo a organización, e que consistirá nunha especie de acuatlón na que 125 participantes nadarán 0,9 quilómetros e correrán outros 10.000 metros.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Deportes

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s