Galería

A concelleira de Xustiza Social analizará a situación das escolas infantís municipais cunha rolda de visitas por todos os centros da cidade

20150721 SILVIA CAMEÁN- CARRICANTA 1

A Concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, iniciou este martes unha rolda de contactos con todas as Escolas Infantís Municipais (EIM) da cidade, que arrincou cunha visita ás de Carricanta e Arela. As entrevistas desenvolveranse durante esta semana e a vindeira, a fin de coñecer de primeira man as dependencias municipais, así como presentarse ás traballadoras destas escolas públicas.

“Nun contexto marcado polos recortes e as continuas agresións ao público, desde o Goberno local consideramos que a educación é un dos dereitos fundamentais, que tamén cómpre defender na etapa infantil”, dixo a concelleira de Xustiza Social, que se comprometeu a centrarse especialmente nesta tarefa durante todo o mandato.

Cameán resaltou a aposta pola educación pública, á vez que puxo en dúbida a eficacia das políticas de xestión do servizo postas en marcha pola Xunta de Galicia. En concreto, explicou que o programa do cheque infantil da Administración autonómica “fomenta e propicia a escolarización en centros privados en lugar de afrontar a
escaseza de prazas nos centros públicos”.  “Opoñémonos á xestión privada e apostamos firmemente polo servizo público”, indicou a responsable de Xustiza Social.

A intención da Concellería de Xustiza Social e Coidados é traballar conxuntamente coas EIM na procura de novas fórmulas que sigan a poñer en valor a calidade dos servizos públicos, da atención ás nenas e ós nenos e a garantía na conciliación familiar e laboral. Neste proceso de mellora, Cameán resaltou que o obxectivo da súa área será “dar resposta” ás necesidades das familias mediante “unha interlocución continua cos centros educativos”. “As escolas infantís na nosa cidade son a historia do inicio da educación pública na Coruña”, explicou durante a visita aos centros educativos. “A educación infantil é un símbolo de identidade desta cidade, por iso imos defender estas escolas con propostas educativas, apoio, recoñecemento e escoita activa”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s