Galería

O alcalde da Coruña di que o Concello non permitirá que se especule cos terreos da Fábrica de Armas

20150721 ALCALDE-DECLARACIÓNS

O alcalde da Coruña Xulio Ferreiro, reuniuse este martes con representantes de Hércules de Armamento, a sociedade que se fixo coa adxudicación da Fábrica de
Armas tras o último concurso realizado polo Ministerio de Defensa. O rexedor manifestou que a empresa lle presentou un plan “que tal e como se expón, ten interese para a cidade”. “Trátase dun proxecto industrial, a largo prazo, que se basea no sector civil e na alta tecnoloxía”, explicou o dirixente municipal, que insistiu en que “se o proxecto vai nesta liña” terá o apoio do Concello. Ferreiro explicou ante os medios que a empresa lle comunicou que de cara ao mes de outubro espera abordar un “salto cualitativo” que se traducirá nunha maior contratación e en máis encargos.

Por outro lado, o Ministerio de Defensa cedeu a explotación a Hércules de Armamento dunha parte dos terreos sobre os que se asentaba a antiga Fábrica de Armas, pero non todos. Ferreiro recordou que foi o anterior Goberno municipal o que se encargou de facer ese terreo urbanizable. “O que imos facer, coas nosas competencias, é evitar que eses terreos se usen para especular”, dixo o alcalde coruñés, que insistiu en que “o Concello será moi estrito no tema de non promover novas especulacións na cidade”.

O alcalde da Coruña manifestou que o Goberno municipal está aberto a realizar unha labor de mediación entre a concesionaria dos terreos e os traballadores. “O que nos interesa é que a Fábrica de Armas teñan un proxecto de permanencia na cidade”, indicou o rexedor.

Por outro lado, Ferreiro tamén foi preguntado pola prensa pola situación da concesión dos terreos públicos sobre os que se asenta o edificio do hotel NH Atlántico. O alcalde manifestou que, polo momento, o Concello non recibiu ningunha comunicación por parte da sociedade concesionaria do edificio público. “A nosa idea segue a ser a que usar o edificio do NH como solo público no momento no que expire a concesión. Pensamos na residencia de estudantes, pero pode ser que ese tema se solucione antes”, explicou. “En calquera caso, hai outros equipamentos públicos que se
poden utilizar”, dixo. “Todo está aberto a estudo, primeiro, o que intentamos descubrir é cal é a situación legal real do hotel, porque hai moitas cousas neste Concello que se deixaron feitas e non están como deberían”, indicou.

Por outro lado, e no seu encontro coa prensa, Ferreiro tamén foi preguntado acerca do plan para o saneamento da Ría do Burgo que supostamente prepara a Xunta de Galicia. “O que necesitamos é unha solución integral. A Concellería de Medio Ambiente, desde o Concello, xa se puxo en marcha para evitar puntos de vertido que partan da nosa cidade. Nós imos a cumprir as nosas obrigas e esixir ao resto de administración que tamén as cumpra, os compromisos deben ser reais, con documentos enriba da mesa, non promesas feitas uns meses antes das eleccións”, comentou o alcalde da Coruña.

Noutra orde de asuntos, Ferreiro tamén se referiu ao proxecto de ampliación da Avenida da Vedra. “Creo que, nestes momentos, seguir diciendo que a solución para a mobilidade dunha comarca pasa por meter máis coches na Coruña é algo antigua. A mobilidade non pode pasar únicamente polo automóbil”, manifestou.

“Dende o Concello estamos traballando nun plan, pero iso non significa que se vaia a renunciar á obra. O único que dicimos é que a ampliación ten que ir en consoancia co Plan Busquets, facer da Vedra un lugar máis amable”, indicou, para engadir: “O que intentamos é que Fomento poida reconfigurar ou matizar determinados aspectos dese proxecto para que sexan máis propios dunha cidade do século XXI, pero nunca se dixo que se quería renunciar á ampliación”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s