Galería

O alcalde da Coruña pídelle ao PP respecto institucional, educación e prudencia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, pediu este mércores ao PP, e en concreto ao anterior rexedor, o señor Carlos Negreira, “educación, prudencia e respecto”.
“Pídolle respecto, institucional, e tamén para os funcionarios e funcionarias da casa e o propio alcalde, que aínda que xa non sexa el, creo que o merece”, manifestou a preguntas dos medios de comunicación.

“O problema que ten o señor Negreira é que cando el fala, e logo se acode á documentación, as cuestións xa non son as mesmas”, indicou o alcalde coruñés. “Cando un vai aos documentos que existen sobre a situación económica do Concello, vese que a realidade coincide co que nós estamos a dicir, e non co que intenta vender o señor Negreira para ocultar a súa desastrosa xestión”, declarou. “Cando un vai ás actas das reunións da Autoridade Portuaria, ás fotos e aos vídeos do Túnel da Mariña/Parrote, vense claramente as filtracións, e compróbase que existen”, engadiu. “Ante isto, non se pode vir dicindo que non existen estas filtracións”, explicou.

“Neste Concello cada vez que o novo equipo de Goberno abre unha carpeta, se atopa cun desastre, e se atopa cun problema”, dixo Ferreiro. Ante iso, pediu ao Partido Popular prudencia. “Prudencia porque todo isto vai ir saíndo pouco a pouco e entón se verá se esas cuestión das que falan son as mesmas que se atopan nos documentos”, explicou. Ferreiro exemplificou a situación que se vive no Concello no caso do mercado de Santa Lucía. “Neste caso, o problema co que nos atopamos é que hai uns meses se di na prensa que existe un acordo co Sergas para facer un Centro de Saúde. Non obstante, cando este alcalde vai falar co presidente da Xunta, o que se me transmite é que ese acordo non existe”, explicou Ferreiro. “Non hai nada, non hai proxecto, só un protocolo que di que se algún día se chega a un acordo, alí se fará un Centro de Saúde”, engadiu.

“Por isto reclamo prudencia, porque unha cousa é vender fume e outra ir aos expedientes. Vaise pechar o mercado e non hai un proxecto aprobado. Por iso nos toca agora traballar para buscar un proxecto e lograr que ese Centro de Saúde se converta nun compromiso de verdade”, indicou Ferreiro. “Ao mesmo tempo, imos intentar coordinar a renovación do edificio coa actividade dos praceiros e praceiras”, dixo.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s