Galería

A Concellería de Igualdade e Diversidade aposta por reforzar a Unidade de Asesoramento de Migracións municipal

22072015-_MG_6458

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, continuou este mércores coas xuntanzas que está a manter con diversos colectivos, asociacións e persoas que pertencen a movementos vinculados a toda a súa área de traballo. En concreto, a edil reuniuse con 18 colectivos distintos e multiculturais, relacionados todos eles coa emigración.

Á reunión acudiron 36 persoas de distintas nacionalidades, tanto migrantes cuxo
punto de orixe ou destino está na Coruñacomo traballadores con migrantes. Entre outros temas, a Concellería de Igualdade e Diversidade lles propuxo levar a cabo un proxecto de sensibilización ca colectividade migrante, tanto da cidadanía en xeral como do cadro de persoal municipal en particular.

Segundo explicou Fraga, os colectivos e asociacións relacionadas coa emigración expresaron a necesidade de ter un maior apoio xurídico de mediación intercultural nesta nova etapa no Concello da Coruña. “Isto é fundamental, por exemplo, para rebaixar as dificultades de acceso ao traballo, principal vía de inserción social e de regularización destas persoas”, indica a concelleira.

A responsable de Igualdade e Diversidade recorda que dende o Concello xa se traballa no ámbito das migracións de forma específica a través da Unidade de Asesoramento De Migracións (UAMI), aínda que é necesario reforzala. “Aínda que funciona ben e están a facer un bo traballo, cremos que é necesario reforzar este servizo con máis recursos humanos e materiais”, explicou a concelleira Fraga.

A responsable municipal destacou a “total sintonía” que tanto os colectivos de migrantes como os de traballadores e traballadoras relacionados con migrantes amosaron ao longo do encontro. “Hai un total entendemento pola súa parte das mecánicas de traballo que queremos levar a cabo, é dicir, que estas reunión sexan unha primeira toma de contacto e logo se realice un exercicio de transversalidade co apoio de todos os colectivos”, dixo.

Por outro lado, na xuntanza de onte, varias asociacións acolléronse a unha proposta remitida ao Concello polo Foro Galego de Inmigración, na que se sentan unha serie de bases á hora de establecer un marco de traballo para mellorar a situación desta colectividade.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s