Galería

O Concello da Coruña publica a declaración de bens e o IRPF do seu equipo de Goberno

Coincidindo coa celebración do Pleno de Organización do Concello da Coruña que terá lugar esta tarde, o equipo de Goberno procedeu a publicar na web municipal as súas declaración de bens, así como o IRPF. “Cúmprese así un compromiso político
deste Goberno”, indicou o alcalde coruñés, Xulio Ferreiro, que recordou que se trata dunha promesa que se estableceu, xa antes das eleccións municipais, no código ético da formación que sustenta ao actual Executivo local.

Por lei, o Goberno local da Coruña tan só está obligado a publicar a declaración de bens dos seus membros. Non obstante, e en base ao compromiso coa cidadanía e coa transparencia que defende o actual Executivo municipal, as declaración de IRPF tamén están ao alcance de todo aquel que as desexe consultar. As declaracións de bens e de IRPF do actual Goberno da Coruña pódense consultar no seguinte enderezo electrónico: http://www.coruna.es/transparencia

Nun encontro cos medios de comunicación, o alcalde da Coruña animou aos grupos da oposición a seguir o seu camiño e publicar, de xeito actualizado, ambos parámetros, tanto as declaracións patrimoniais como o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. “Esperamos a que se celebrase o Pleno de Organización para facer este exercizo de transparencia, e queremos aproveitar para animar aos grupos da oposición a publicar esta mesma información na web municipal, que teñen ao seu dispor”, convidou Ferreiro.

“Este Goberno non ten medo de presentar os seus datos económicos, ao contrario, estamos moi orgullosos de persentarnos tal e como somos. Xente normal, xente común, traballadora, formada… pero tamén en moitos casos precaria, ou en situación de precariedade económica e laboral, o que non deixa de ser un síntoma de esta época e a representación da sociedade na que vivimos”, manifestou Ferreiro.

 

Filtracións
Por outra banda, na rolda de prensa que ofreceu ante os medios de comunicación, Ferreiro tamén foi preguntado polo estado das filtracións existentes no Túnel do Parrote. O rexedor coruñés indicou que dende o Goberno local nunca se entrou a valorar se as filtracións entran dentro da normalidade dunhas obras deste tipo. “O que dixemos foi que, evidentemente, existían unas filtracións que había
que explicar e que había que atallar para que non se convertesen nun problema crónico. O que ocorreu é que se estaban a negar a existencia desas filtracións, e nós estabamos a contar a verdade, como facemos sempre”, indicou o alcalde.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s