Galería

O Concello esixe á concesionaria do mercado de Santa Lucía que se faga cargo das deficiencias detectadas na instalación

20150724 ALBERTO LEMA 1

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, anunciou este venres que a Administración local vén de instar á concesionaria do mercado de San Lucía a reparar, cos seus propios fondos, unha serie de deficiencias detectadas na infraestrutura polos técnicos municipais dende hai máis dun ano.

A concesión do mercado de San Lucía caducaba o próximo domingo 26 de xullo. Non obstante, manterase até que a empresa concesionaria teña arranxadas as deficiencias detectadas. Lema indicou que tecnicamente, o procedemento iniciado polo Concello é “de caducidade da concesión por incumprimento das obrigas de mantemento do local”. “Ao non ter reparado a concesionaria os problemas detectados, iniciouse un expediente de caducidade que rematará cando o titular teña o local nas condicións que se consideren óptimas e se poida reverter a situación ao Concello”.

Segundo explicou o titular de Emprego e Economía Social, “un dos informes técnicos cifraba en 600.000 euros o gasto estimado que deberá acometer a concesionaria para reparar as deficiencias detectadas no local”.

En canto ao futuro do mercado de Santa Lucía, máis alá do inmediato, Lema recordou, tal e como avanzou esta semana o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, que o anterior Goberno non tiña un plan firme coa Xunta de Galicia para que o local acolla un Centro de Saúde. “O que existía era un protocolo, unha fase preliminar para iniciar este tipo de proxectos”, explicou. “O que imos facer agora é reiniciar ese protocolo, así como as conversas coa Xunta e co Sergas para estudar esta cuestión”.

Lema anunciou que o Concello da Coruña terá moi en conta a opinión e o sentir do barrio con respecto aos usos dos que se dotará ao mercado de Santa Lucía. “Existe un documento debuxado no anterior protocolo que temos que valorar, sempre tomando en conta a opinión do barrio”, explicou o concelleiro. “Pensamos que, a priori, un Centro de Saúde é algo que demanda a xente”, indicou, deixando a porta aberta a que se compatibilice con outros servizos e actividades.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s