Galería

Xulio Ferreiro: “Queremos unha residencia universitaria na Coruña, pública, e que atraia a máis estudantes á cidade”

20150727 ALCALDE- VALENTÍN GONZÁLEZ- PRESIDENTE DEPUTACIÓN 3

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse está mañá co presidente da Deputación provincial, Valentín González Formoso, e coa vicepresidenta do organismo, Goretti Sanmartín. Tras a reunión, renovouse un convenio de colaboración entre ambas

as dúas institucións que ten como obxectivo financiar o programa “Concilia os teus tempos”, e que está dirixida a unidades familiares con menores a cargo con necesidades de conciliación dos eidos persoais, familiares e laborais e con problemas para poder levalos a cabo. Na sinatura tamén estivo presidente a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga.

Ferreiro manifestou ante os medios de comunicación que o seu Goberno espera que “os próximos catro anos sexan de frutífera colaboración coa Deputación”. “Entendo que a sintonía é boa e temos a esperanza de que este novo goberno vaia supor un cambio nas políticas tradicionais e lle poidamos dar un xiro ao ente provincial, tanto en transparencia, como no eido social e no democrático”, declarou o rexedor coruñés.

Pola súa parte, González Formoso agradeceu ao alcalde á benvida. “Pedímoslle que se involucre institucionalmente en facer das deputacións entes ao servizo dos concellos, e que se note outro aire a xestión destes organismos”, explicou, para engadir: “A Coruña é para nós unha cidade moi querida, polo que vaia o noso compromiso con ela por diante”.

Tras a firma do convenio, os medios presentes, preguntaron ao alcalde acerca da necesidade dunha residencia universitaria na cidade. “É dende logo unha cuestión que lle trasladarei ao presidente da Deputación porque efectivamente hai ese proxecto enriba da mesa”, respondeu.

Sobre a ubicación da mesma, Ferreiro asegurou. “Non temos unha preferencia sobre o edificio, nós o que queremos é unha residencia universitaria na Coruña, pública e que poida servir para atraer a máis estudantes á cidade”, explicou. “Se a Deputación entende que o edificio do Calvo Sotelo vale e á Universidade tamén lle serve, para nós, perfecto. Quedarán máis inmobles para facer outras
cousas”, expuxo.

A este respecto, González Formoso dixo ser consciente da necesidade que ten a cidade neste ámbito. “É unha demanda que ten o Concello e que entra dentro da liña de novos aires da Deputación e que pasa poñer en activo os equipamentos do propio ente provincial ao servizo da cidadanía. Temos constatado que hai unha parte do edificio que ten máis posibilidades das que hoxe está a ofrecer á sociedade”, indicou.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s