Galería

A XLIV Feira do Libro achegará desde o 1 de agosto preto dun cento de actividades

20150728 JOSÉ MANUEL SANDE- FEIRA DO LIBRO 1

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou na mañá deste martes a 44º edición da Feira do Libro da Coruña, que terá lugar durante o mes de agosto en Méndez Núñez, primeiro coa Feira do Libro Novo (do día 1 ao 10) e, posteriormente, coa Feira do Libro Antigo e de Ocasión (do 16 ao 30). Trátase, como subliñou o responsable municipal, “dun dos acontecementos máis solventes e tradicionais do verán, que mostra o compromiso deste Goberno municipal polas actividades estables e consistentes, especialmente as vinculadas ás letras, e a súa aposta pola creación local”. Neste sentido, Sande vinculou a cita de agosto a proxectos que xa se están a desenvolver desde o Concello, como o Plan de Bibliotecas ou o

Plan Municipal de Lectura, ás que se unirá, como adiantou, o programa de actividades que se desenvolverá en 2016 co gallo do centenario da fundación das Irmandades da Fala.

Uns 150 escritores, escritoras e persoas relacionadas co mundo do libro pasarán polas 34 casetas que e instalarán nos xardíns de Méndez Núñez nesta edición, que se abrirá de xeito oficial ás 12.30 horas do sábado, 1 de agosto, coa actuación da Banda Municipal de Música e a lectura do pregón, que este ano corre a cargo da escritora Mercedes Queixas. O programa inclúe máis de 90 actividades, entre coloquios, presentacións e sinaturas de libros, na que é “a feira máis grande de Galicia”, segundo salientou o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, quen interveu na presentación xunto ao responsable municipal e ao vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia, Antón Pedreira. O responsable autonómico agradeceu ao Concello da Coruña o convite para participar na presentación do evento e tamén a colaboración municipal, algo, que “por desgraza lamentou, non é habitual no resto de cidades galegas” e ofreceu ao Goberno local axuda “institucional, independentemente do seu signo político, sempre na procura dos obxectivos comúns, que nos ámbitos culturais son moitísimos”.

Pola súa banda, o representante da Federación de Librarías de Galicia salientou o papel deste evento de cara á promoción da produción en galego e ao fomento da lectura, e destacou a colaboración das bibliotecas coruñesas, presentes cada ano na feira. “Non son competencia, senón unha gran axuda para facer lectores Cantos máis lectores, máis libros, canta máis lectura máis críticos e máis libres”, sinalou Pedreira.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s