Galería

O Concello avanza nos traballos para eliminar os vertidos do municipio na ría do Burgo

20150728 ALCALDE- COFRADÍA DE PESCADORES 2

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse na mañá dest martes con representantes da Confraría de Mariscadores da Ría do Burgo para falar do saneamento da zona. Tal como lles trasladou, o Concello “está facendo o traballo que lle corresponde” para a eliminación dos puntos de vertedura procedentes do territorio municipal. Neste mesmo sentido, o Goberno local reunirase a semana vindeira co resto de alcaldes da contorna para acordar unha declaración conxunta coa que esixirlle ao Ministerio de Fomento que inclúa nos Orzamentos do 2016 “as partidas que sexan necesarias para que se acometa o saneamento e dragado da ría”. “A esixencia para a Xunta e o Goberno central estará enriba da mesa a semana que vén”, precisou Ferreiro nunha comparecencia pública posterior ao encontro coa Confraría, na que tamén indicou

que as obras deberán acometerse “coas necesarias cautelas” para non provocar co movemento dos lodos maior contaminación da que existe.

Noutra orde de cousas, o alcalde falou ante os medios de comunicación sobre o financiamento da Porto Exterior, despois da reunión que mantivo o luns co presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada. “Non nos parece real ese financiamento en base á venda duns terreos cunha valoración que se fixo hai dez anos, cunha situación absolutamente diferente da actual”, manifestou. “Non se poden malvender eses terreos e hipotecar a cidade, a súa expansión e o disfrute duns terreos públicos por toda a cidadanía. Estámonos xogando co futuro da cidade da Coruña urbanisticamente, incluso socialmente, e hai que ser coidadosos, amosando alternativas que sexan
viables e cribles”, demandou Ferreiro, quen entende que é a Autoridade Portuaria quen ten que presentar un plan de financiamento que sexa factible. “A obra é deles e ese financiamento ten que estar asegurado pola súa banda. Non é ao Concello a quen lle corresponde financiar a obra do Porto Exterior. Nós o que temos é que vixiar que as iniciativas que se nos presenten sexan cribles, e polo momento non parece que a venda deses terreos vaia solucionar este tema pero si a crear un cambio na cidade” dixo, para apostar pola posta a disposición dos terreos do porto “para toda a cidade, e non de malvendelos para o disfrute duns poucos”. Nesta liña, o alcalde demandou poder coñecer “detidamente” o plan de financiamento, o plan de seguimento do financiamento e o plan de empresa do Porto Exterior, para valorar se é factible ou non financiar o Porto deste xeito.

Por outra banda, Ferreiro recibiu esta mañá ao ex-alcalde Javier Losada, nunha xuntanza “moi cordial” que serviu para intercambiar impresións e comentar temas da cidade. Un encontro institucional que, segundo o entende o rexedor, debería ser un acto “normal” dentro da vida municipal. “Lamentablemente non é así en todos os casos”, sinalou Ferreiro.

Preguntado pola situación do mercado de Santa Lucía, o alcalde da Coruña indicou que a concesión segue vixente e que o procedemento administrativo se atopa no período de alegacións. “Esa concesión non se recepciona até que se acometan as obras que a inspección municipal dixo que se teñen que acometer, e que son obriga da concesionaria”, puntualizou Ferreiro.

En relación á concesión da ORA, o rexedor indicou que a actual continuará “o tempo estritamente necesario para que se poña a andar a nova configuración do servizo”, actualmente en estudo e que se coñecerá de xeito definitivo esta semana, probablemente.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s