Galería

O plan para a legalización do Conde de Fenosa no que traballa o Concello non elimina ningunha vivenda

O Goberno local remitiu no día de hoxe o avance da proposta na que se está a traballar para a legalización do edificio Conde de Fenosa á comunidade de propietarios, un proxecto co que o Concello busca o cumprimento da legalidade coa intervención
mínima posible e co menor dano para os e as residentes e para as arcas públicas. O documento de traballo para adecuar o inmoble á normativa de aplicación non implica a eliminación de ningunha vivenda. Nel tampouco se afecta practicamente á superficie das vivendas e si inclúe algunhas melloras que teñen que ver coa seguridade, en especial na protección contra incendios. A proposta contempla a retirada dos torreóns do edificio, o que non supón unha perda de superficie.

O concelleiro de rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, presentou na tarde de onte a título informativo o documento de traballo á comunidade de propietarios, que hoxe recibiu a proposta, dentro da liña de transparencia e diálogo na que traballa o Goberno local. O trámite, que permitirá aos residentes opinar sobre o proxecto municipal e, no caso de que proceda, facer propostas que incorporar ao mesmo, non afecta, non obstante, aos prazos legais do proceso. O Goberno local vén de remitir a Patrimonio o proxecto de legalización, por estar parte do edificio
afectado por este. En espera de recibir o informe favorable do departamento autonómico á proposta municipal, o Concello solicitou ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a suspensión temporal do prazo legal marcado.

Segundo as previsións da Concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Patrimonio estudará o proxecto de legalización no mes de setembro, polo que a proposta podería ser trasladada ao Tribunal Superior de Xustiza despois do verán.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s