Galería

Xulio Ferreiro e Manuela Carmena pensan na FEMP como ferramenta para traballar en común fronte ás políticas que recortan a capacidade municipal

Xulio_Manuela_IMG_9554

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro viaxou este mércores a Madrid, onde se reuniu coa alcaldesa da cidade, Manuela Carmena, nunha xornada de traballo na que tamén participou a concelleira de Participación Cidadá, Claudia Delso. O rexedor explicou que
durante a xuntanza coa súa homóloga madrileña se abordaron diversas cuestións. “Unha delas foi o xeito que podemos ter os concellos, e de xeito especial aqueles que abrimos novas etapas, de crear redes que tamén poidan servir para superar os corsés que a propia engranaxe institucional creou para facernos desistir de políticas alternativas”. Así, o dirixente municipal sostén que “desde a unión e a cooperación consideramos que podemos abrir espazos na arquitectura administrativa
actual para devolverlle o protagonismo á xente e, polo tanto, ás súas institucións máis cercanas, como son as municipais”.

“Con Carmena falei da forza común que gobernos locais como os da Coruña, Madrid, Barcelona, ou Compostela podemos exercer diante das limitacións que nos pon o PP, por exemplo coas políticas do ministro Cristóbal Montoro, que coas súas imposicións restritivas impide contratacións ou esixe unha ríxida estabilidade orzamentaria cun claro compoñente ideolóxico de parte”, engadiu.

O alcalde coruñés tamén fixo referencia, tras a súa reunión con Carmena, como exemplo de políticas que limitan as súas competencias, a nova Lei de Réxime Local. “Cremos que se abriu un proceso no que se intenta afastar á cidadanía da toma de decisións, e nós estamos á fronte dos nosos concellos co mandato contrario, ou sexa, o de incidir na participación e na cercanía. A alcaldesa de Madrid e eu, nese sentido, coincidimos en sinalar á propia FEMP (Federación Española de
de Provincias) como unha ferramenta na que podemos traballar en común para reverter esas políticas”, indicou.

O alcalde da Coruña e a alcaldesa de Madrid acordaron tamén iniciar unha “interlocución permanente” que se estenderá tamén a outros concellos. “Tratamos tamén aquilo que ten que ver coa creación de liñas de intercambio de ideas continuas entre os nosos gobernos, o que chamamos código aberto, que resultará de gran utilidade para cooperar ante problemáticas que, sendo diferentes, afectan a todas as nosas cidades, alén das súas características propias”. Ferreiro indicou que este traballo en común debe servir para “superar esquemas que están construídos para
obstaculizar as políticas que nós defendemos e que agora, unha vez á fronte dos concellos, vemos como son bastante máis pétreos do que nos gustaría, chegando en ocasións a detectar como ante cuestións como a privatización de servizos nos atopamos con moitos problemas para poñer o ben común como prioridade na xestión diaria, obxectivo ao que non renunciaremos e polo que seguiremos traballando, contando coa colaboración doutros gobernos locais que camiñan na mesma dirección de cambio real que saíu das urnas o 24 de maio”.

Outro dos temas que trataron na súa conversa tanto o alcalde da Coruña como a alcaldesa de Madrid foi o relativo á vivenda e como conseguir inmobles de carácter público que estean a disposición das persoas que os necesiten. “Para atallar este problema hai distintas cousas que se poden facer e que estamos a poñer en práctica, como falar coas entidades bancarias para que os seus pisos baleiros sexan cedidos e pasen a disposición de concellos ou gobernos autonómicos para que poidan ser
empregados para realoxos”, salientou Ferreiro.

Sobre este tema tamén fixo o alcalde coruñés referencia na entrevista da que foi obxecto no programa L as Mañanas de Cuatro , na que tamén reflexionou sobre os recentes casos de corrupción. “Estamos a ver como nas últimas eleccións unha gran parte da cidadanía dixo ‘basta’. É unha situación de contradición: mentres se receitan recortes, aparecen casos de políticos que gastan e se aproveitan do público”, opinou. “A corrupción foi unha práctica habitual, durante décadas ser o concelleiro de urbanismo era un choio… Cando algún caso destes sae á luz, se non se asumen responsabilidades políticas, ao final, serán os propios cidadáns os que lles dean a patada”, sentenciou.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s