Galería

Aberto o prazo para a renovación de prazas nas Escolas Deportivas Municipais

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento mantén aberto o prazo para a renovación de prazas libres nas Escolas Deportivas Municipais para o curso
201516. A convocatoria vai dirixida ao alumnado dos servizos de actividades deportivas municipais, complexo deportivo municipal de San Diego e piscina municipal de San Amaro. A renovación nas escolas que se imparten en San Diego e en San Amaro farase nos devanditos centros, seguindo o horario de atención ao público destes, e a do resto das escolas, nas oficinas administrativas do Servizo Municipal de Deportes segundo o horario de rexistro de atención ao público: de 08.00 a 13.30 horas, excepto do 3 ao 7 de agosto, que será de 08.00 a 12.30 horas. O prazo de renovación de menores e maiores de idade remata o 5 de agosto, e o prazo en caso de cambio de grupo por idade realizarase entre o 6 e o 12 de agosto. En caso de non presentar a
solicitude de renovación nas datas anteriormente indicadas entenderase que renuncia á mesma.

En canto ás novas matrículas, as solicitudes de preinscrición nas Escolas que se oferten na web e taboleiros de anuncios se farán a partir do 14 de agosto. A solicitude realizarase en liña na páxina web do Concello da Coruña (www.coruna.es) ou de forma presencial, nas oficinas situadas na Cidade Deportiva da Torre, Palacio de Deportes de Riazor e Polideportivo do Barrio das Flores, do 1 ao 10 de setembro (incluídos) en horario de Rexistro Municipal, de 08.00 a 13.30 horas. No caso das escolas impartidas nas instalacións de San Amaro ou San Diego deberase de realizar nos devanditos centros, no seu horario de atención ao público.  Máis información na web: http://www.coruna.es/deportes

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s