Galería

O Concello da Coruña estima as alegacións de Setex e adxudícalle o servizo da ORA ante o risco económico que podería supor o intento de municipalizalo

30- 07-15 ALCALDE- DECLARACIÓNS

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, anunciou este xoves que o Goberno local acordou estimar as alegacións que a empresa Setex Aparquisa presentou en contra da decisión tomada pola anterior concelleira de Facenda, Rosa Gallego, de deixar en suspenso a adxudicación do servizo da ORA. A Mesa de Contratación do Concello xa valorara en abril a oferta desta compañía de forma positiva.

Como consecuencia desta decisión, o Goberno municipal ten a obriga de adxudicar o servizo a Setex, e desistir na posibilidade de municipalizar a ORA. Segundo explicou o alcalde, de momento, a actual concesionaria, Doal, manterá a xestión deste servizo até que a asuma Setex. As previsións pasan porque non o faga máis tarde do próximo 25 de agosto.

Ferreiro explicou que a decisión tomouse en base aos informes requiridos polo Concello. “Estes dicíannos que, tal e como están as cousas neste momento, podería supor un risco económico grave tanto para a Administración local como para os propios traballadores”, explicou. “Sempre dixemos que actuaríamos con sentido común e responsabilidade. Iso nos leva a tomar esta decisión, xa que cremos que é a legalmente pertinente”, indicou o rexedor.

“O contrato estaba xa adxudicado de facto, e o feito de que xa houbese una valoración favorable cara a Setex crea unha situación de confianza lexítima, polo que era posible que, se non lles outorgábamos a xestión do servizo, o Concello tivera que enfrontarse a un recurso que podía comprometer as arcas públicas”, comentou.

O Goberno local está a negociar unha serie de modificacións nas condicións de actuación de Setex para co servizo da ORA, a fin de conseguir maiores vantaxes para a veciñanza. Estudarase, por exemplo, reordenar determinadas zonas, ou implementar un servizo de anulación de denuncias, que xa funciona noutros municipios, “onde por dez minutos no se paga a sanción completa senón unha pequena cantidade que anula a denuncia”.

A continuación do servizo externalizado da ORA non incorre nun incumprimento do programa electoral do Goberno municipal. Se ben a intención do Executivo é recuperar o xestión de servizos públicos, esta posibilidade materializarase cando sexa posible e sempre en función do ben común e o interese da veciñanza. En concreto, o programa electoral indicaba que “en función da situación legal da concesión e do proceso de adxudicación, avaliarase a viabilidade de proceder á municipalización do servizo da ORA”.

Non obstante, o alcalde salientou que o traballo que se fixo nas últimas semanas para analizar a posibilidade de remunicipalización deste servizo non foi en balde. “Abre un horizonte prometedor de cara a poder recuperar outros servizos públicos diferentes e que agora están suxeitos a unha xestión privada, sempre que se dean as condicións, e sempre que se vaian vencendo as resistencias legais e orzamentarias que non dependen deste concello”, dixo. “Toda a información que fomos recollendo revela que existen atrancos que derivan do golpe lexislativo que asestou o PP coa lei de estabilidade orzamentaria, que supón unha intervención de facto na administración local e que condena aos concellos a un progresivo deterioro das condicións nas que poden prestar servizos públicos de calidade”, comentou.

Por iso, o alcalde coruñés manifestou a súa intención de colaborar na creación dunha fronte común de concellos de todo o Estado “para ir máis alá, e artellar unha alternativa que estea comprometida con estas políticas de recuperación de servizos públicos”. Unha alternativa, nas súas palabras, “que rompa o corsé que impide aos concellos facerse cargo de situacións de emerxencia, da prestación de servizos públicos e de implementar máis e mellores políticas sociais”. Así, o rexedor dixo que apoiará as iniciativas que se leven a cabo neste sentido en todo o Estado e en diversas institucións, como a FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) ou a FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias), tal e como tratou durante a súa reunión do pasado mércores coa alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena. Así mesmo, Ferreiro apuntou neste sentido á importancia de crear novas maiorías nas vindeiras eleccións estatais “e máis alá” que colaboren con este propósito de compromiso cuns servizos públicos de calidade.

O alcalde insistiu en que aínda quedan moitos servizos que poden ser municipalizados, segundo as súas actuais concesións vaian caducando, como é, por exemplo o caso do de socorrismo.

 

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s