Galería

Teatro Colón: Pedro Ruíz abre a programación de agosto con ‘Uno, pequeño y libre’

O vindeiro xoves 6 Pedro Ruíz abre a programación de agosto do Teatro Colón co espectáculo ‘Uno, pequeño y libre’, que permanecerá en cartel ata o domingo 9 cunha función diaria ás 20:30 horas.

O polifacético artista presenta este show que el mesmo defino como ‘un gran espectáculo a la americana, de un hombre libre’. ‘Uno, pequeño y libre’, antes chamado ‘No estoy muerto, estoy en…’, é a súa montaxe número vinteún, e nela continúa mesturando a crítica, o esperpento, a actualidade, a reflexión, o exceso, a tenrura e a sorpresa.

 

Un mes de agosto cheo de humor

A programación de agosto complétase co espectáculo de Paco Arévalo e Bertín Osborne ‘Por humor al arte’ que se poderá ver do xoves 13 ao domingo 16 e coa obra ‘Enfrentados’, unha comedia con Auturo Fernández e David Boceta como protagonistas que estará en cartel do martes 18 ao sábado 22 de agosto.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, enwww.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche.

 

Fátima Rodríguez

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s