Galería

A Concellería de Medio Ambiente insta a esclarecer canto antes a orixe do lume de Bens mentres continúa coa labor de control da limpeza de fincas

Efectivos tanto da Policía Local como dos Bombeiros da Coruña están a realizar numerosas rondas esta xornada pola zonas de Bens e O Portiño que se viron
afectadas polo incendio declarado esta fin de semana e que arrasou unhas 20 hectáreas de monte.

O incendio deuse por extinguido ás tres da pasada madrugada, momento no que estaban presentes todos os efectivos de extinción que, a continuación, comenzaron a levar a cabo rondas para supervisar a situación do monte. De feito, sobre ás 09.30 horas da mañá, os bombeiros tiveron que volver a intervir para apagar un borrallos que permanecían accesos.

Os traballos do persoal municipal do domingo foron supervisados na propia zona polo alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e varios concelleiros e concelleiras como María García, Claudia Delso, Xiao Varela e Daniel Díaz Grandío.

A concelleira de Medio Ambiente e primeira tenente de alcalde do Concello da Coruña, María García, lembra que dende que o novo Goberno chegou a María Pita unha das súas prioridades está a ser o control da limpeza dos diversos solares da cidade, coa fin de evitar incendios, así como a notificación aos propietarios das súas obrigas. “Dende a concellería, unha das primeiras accións na que nos centramos foi a de analizar e controlar todo o que ten que ver co estado de fincas e solares, así como notificar e requirir aos propietarios a limpeza dos mesmos”, explica García.

“Fixemos especial fincapé no control do estado dos solares debido, ademais, a que cremos que pode ser un verán con especial complicación debido á seca continuada”, salienta. “Por iso insistimos moito neste tema”, engade. De feito, no que vai de verán, a Concellería de Medio Ambiente puxo en marcha dúas campañas máis das habituais en canto a prevención e control de fincas. “O principal é que o entorno das casas estea en boas condicións”, explica García. “É algo no que se vai seguir insistindo e traballando durante todo o verán”, advirte.

A pesares da labor levada a cabo dende o Concello para evitar incendios este verán e controlar o estado das fincas, a titular de Medio Ambiente recorda a dificultade que entraña o ter que loitar contra a acción dos pirómanos. É por iso que dende esta concellería instarase tanto ao Seprona como á Policía Autonómica a esclarecer canto antes as causas das lapas de Bens desta fin de semana. Non obstante, a Policía xa ten comezado una investigación de oficio.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s