Galería

A Concellería de Xustiza Social xa traballa no deseño da Renda Social Municipal, que segue a ser “un compromiso e obxectivo básico”

A Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña “mantén intacto como compromiso e obxectivo básico” a creación dunha Renda Social Municipal e xa traballa no seu deseño, que requerirá da aprobación dunha ordenanza como paso
previo para poñela en marcha. A medida non pode, pois, orzamentarse a través deste modificativo de crédito. “Estamos traballando para superar a nefasta xestión do anterior Goberno local deixou uns graves problemas de tesourería”, apunta a titular do departamento, Silvia Cameán.

“Estamos traballando nas distintas posibilidades que hai para implantala canto antes, aínda que como é obvio a falta de liquidez coa que nos atopamos ao entrar no goberno está a ralentizar o proceso, que non obstante sigue adiante e seguro que estará perfectamente regulado orzamentariamente en 2016”, indica a concelleira, que tamén afirma que “malia as dificultades económicas, este departamento está levando adiante os programas que sinalan como prioridade atallar as urxencias provocadas pola actual crise”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s