Galería

O Concello da Coruña ofrece aos praceiros e praceiras de Santa Lucía a posibilidade de escoller outra ubicación temporal nos mercados municipais

 

04-08-15 alberto lema

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, anunciou este martes en rolda de prensa, que o Goberno local ofreceu ás praceiras e praceiros de Santa Lucía a posibilidade de que, no prazo de dez días, escollan un novo emprazamento nos mercados municipais da cidade para que poidan reubicarse temporalmente. Segundo explicou Lema, o Concello dará por rematado o prazo de caducidade da concesión do mercado de Santa Lucía o próximo 1 de outubro.

A pasada semana, o departamento municipal de Emprego instou á concesionaria do mercado de Santa Lucía a reparar, cos seus propios fondos, unha serie de deficiencias na infraestrutura detectadas polos técnicos do Concello hai máis dun ano. A concesión actual do mercado caducaba o 26 de xullo, non obstante, o Goberno local decidiu mantela até que a sociedade concesionaria tivese arranxadas as deficiencias atopadas. De xeito técnico, este procedemento denomínase “de caducidade da concesión por incumprimento das obrigas de mantemento global”. Os informes técnicos cifran nuns 600.00 euros o gasto estimado que debería acometer a concesionaria para reparar os problemas sinalados.

Segundo explicou Lema, a concesionaria, de momento, non presentou ningún tipo de alegación ao requirimento do Concello (ten de marxe até mañá para facelo), así como tampouco abordou as obras de reparación esixidas. En base a iso, fixouse o prazo de remate do proceso de caducidade da concesión no próximo 1 de outubro. “En todo este tema estudaranse as medidas que haxa que tomar para defender os intereses do Concello”, apuntou Lema.

Por outro lado, o titular de Emprego e Economía Social anunciou que a súa concellería levou a cabo unha minoración do seu crédito por valor de preto dun millón de euros. Estes cambios son derivados “de actuacións que non se van levar a cabo por non as considerar imprescindibles ou non ser posibles de acometer no tempo dispoñible”, indicou. Non obstante, en todas as áreas nas que se minorou crédito, aínda hai dispoñibles máis de catro millóns de euros.

Lema explicou como, por exemplo, minoránronse algo máis de 385.000 euros na área de Mercados. Esta cantidade estaba prevista para as obras da terceira fase do de San Agustín, aínda que nestes momentos non se poden aplicar xa que a segunda fase aínda está en execución. Outra das partidas modificadas é a que atinxe ás obras no centro de Emprego dos Rosales, para a homologación de talleres. O cambio de orientación nos cursos e o feito de que non existe un proxecto aprobado propiciou unha minoración, neste caso, de 191.820 euros.

Tamén se minorou a cantidade de 150.000 euros en fondos para contratos de formación, quedando máis de 400.000 dispoñibles neste apartado, “debido a imposibilidade de licitar e executar contratos de formación polo montante total da aplicación”, e de 85.000 en convenios que non foron xustificados e, polo tanto, “non serán efectuados”. Existe outro recorte na previsión de gasto de 150.000 euros correspondente ao viveiro de empresas que se proxecta no Papagaio, xa que se
trataba dunha partida destinada a gastos de mantemento, cando a obra aínda non está rematada.

Lema indicou que a súa concellería “non gastará por gastar”. “Cando co anterior Goberno deixábase sen executar parte do orzamento, non vemos de recibo que tras un mes nos esixan ter xa executado o 100%”, indicou o concelleiro. “Unha cousa é gastar con sentido e outra gastar para dar a entender que fas moitas cousas. Nós non imos a seguir nunca este tipo de política publicitaria”, indicou.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s