Galería

A Concellería de Medio Ambiente pon en marcha un programa con accións para conseguir unhas festas máis sustentables

20150805 SANDE- GARCÍA- POR UNHAS FESTAS SOSTIBLES 2

A Concellería de Medio Ambiente está a elaborar un programa destinado a conseguir “unhas festas da cidade máis sostibles e unhas festas que teñan unha garantía
de futuro”, segundo indicou na mañá deste mércores a concelleira María García na presentación deste plan. Trátase dunha serie de accións que contempla estudos e medidas de sensibilización orientadas a facer máis sustentables as festas en futuras edicións e a mellorar a sensibilización cidadá sobre os residuos nestes eventos, ao tempo que se coidan os espazos públicos onde se desenvolven. “Queremos que as festas non lle supoñan molestias aos veciños e veciñas e que sexan coñecidas polo ben que o pasamos e o ben que transcorren, e non por esas imaxes que temos todos
en mente das praias ao día seguinte de San Xoan”, sinalou a responsable municipal.

Xa desde este mes, o programa piloto de xestión ambiental para as festas de María Pita avaliará, entre outras variables, o consumo de enerxía, produción de residuos, ruído, a accesibilidade e idoneidade dos espazos para a realización de diferentes eventos. Igualmente establecerase unha metodoloxía que permita analizar como se desenvolven os mesmos dende unha óptica da sustentabilidade ambiental e se farán propostas de mellora ambiental coa intención de lograr un catálogo de boas prácticas ambientais para a celebración das diferentes festas na cidade, que sirva como documentoguía e referencia nun futuro, tanto para a propia institución como para calquera colectivo ou asociación da cidade que queira celebrar algún acto festivo e lograr que este sexa respectuoso co medio ambiente.

“Imos traballar con moita ilusión neste mes e nos vindeiros”, declarou García, que avanzou as primeiras accións de xestión ambiental, enfocadas a minimizar residuos urbanos, e que se ampliarán no ano que vén. Entre elas, as que se poñerán en marcha mañá e o venres durante a celebración do Festival Noroeste na praia de Riazor. Alí se instalarán illas de reciclaxe, co obxectivo de facilitar e facer atractiva a separación e reciclaxe do lixo de forma que non afecte á contorna do areal e sensibilizar ao público do papel que xogamos todos e todas na xestión dos residuos.

“O Concello vaise poñer as pilas e vai abordar a cuestión das festas con énfase e con ilusión”, adiantou a concelleira de Medio Ambiente, que pediu a colaboración de toda a cidadanía. “Queremos que as festas sostibles sexan unha tarefa de todas e de todos”, sinalou García, e puxo como exemplo ás persoas premiadas na campaña de Ecovidrio para un San Xoan sostible, que esta mañá recibiron os seus premios tras ter colaborado na reciclaxe de botellas e envases de vidro durante a última noite de San Xoan. A acción, que se levou a cabo en colaboración co Consorcio As Mariñas, logrou recoller un total 15 toneladas de vidro nas praias participantes, 8,6 delas en Riazor
e o Orzán. Neste sentido, tanto a concelleira de Medio Ambiente como a presidenta en funcións do Consorcio, Alejandra Pérez, tamén presente no acto desta mañá, valoraron o traballo conxunto a prol dunha mellor xestión ambiental das festas.

Na presentación, o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, que tamén interveu no acto, destacou a transversalidade das accións que teñen que ver coas festas, cuxa organización se fai desde o seu departamento, pero que tamén implican concellerías como a de Igualdade e Diversidade ou a de Medio Ambiente. “Parécenos importante poñer o énfase na participación e a sincronización, que ademais contribúen a desfacer unha idea tradicional da división das competencias dos gobernos: as áreas están máis relacionadas do que moitas veces cremos e isto é unha mostra”, salientou Sande.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s