Galería

José Manuel Sande: “Hai certa obstinación por parte do PP para que estas festas non se leven a cabo”

05-08-15 SANDE- DECLARACIÓNS

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, declarou este mércores que advirte “certa obstinación e deslealdade institucional” por parte do PP “marcada dende o propio día do pregón das festas” (en concreto o seu grupo municipal foi o único que non acudiu a ese acto inaugural en María Pita). “Esta sorte de hostilidade ou obstinación en que non acontezan estas festas semella unha actitude un tanto desleal”, opinou.

Así se manifestou o concelleiro a preguntas dos medios. Sande tamén se referiu ao escenario do Nororeste da praza de San Nicolás, que non afectou de ningún xeito nin ao cruceiro do enclave nin ao correcto desenvolvemento dos concertos programados, que alcanzaron un éxito notable de público. “Unha vez recibida a notificación da Xunta tomáronse as medidas inmediatas, por decisión ademais do propio Goberno municipal”, explicou. Sande recoñeceu que puido cometerse algún erro na montaxe do escenario, “pero tamén entendemos que o artigo 8 do Pepri, ao que invoca Patrimonio, se refire a intervencións en espazos públicos, pero non a actuacións musicais nun
espazo desmontable”, dixo. O concelleiro agarda que a Administración autonómica continúe traballando “co mesmo respecto e coidado co patrimonio, non só co de esta cidade, senón co de toda Galicia”.

Por outro lado, en respecto á celebración de concertos esta semana na praia de Riazor, Sande explicou que “os informes apuntan a que se poderán levar a cabo sen ninguna incidencia”.

O responsable da carteira de Culturas e Deporte tamén foi preguntado pola prensa acerca do concerto de Sting do pasado 14 de xullo. “Este concerto veu herdado da etapa do Goberno anterior. O expediente de contratación e a xestión foi feita, deste modo, polo Executivo do PP, e nós nos limitamos a, dalgunha maneira, legalizar ese contrato, xa que era algo que afectaba, máis alá de obrigas económicas, ao propio Concello”, indicou. “Hai que recordar que o concerto foi anunciado polo PP no mes de decembro, levándose a cabo numerosas xuntanzas do Consello Reitor do IMCE
co anterior Goberno”, dixo o concelleiro, que tamén recordou que, pola contra, “no momento do levantamento dos reparos ao espectáculo non había un consello reitor constituido debido a unha situación de bloqueo político”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s