Galería

Modificación das liñas de autobús por obras de pavimentación nas rúas Orzán e Sol

As obras de mellora da pavimentación do cruce das rúas Orzán e Sol provocarán, desde as 10.00 horas de mañá, modificacións nos itinerarios habituais das liñas 4,
5, 6, 6A, 7 e 11. A Concellería de Mobilidade informa que os autobuses pasarán a circular desde Praza de España pola rúa San Roque, rúa Hospital, Paseo Marítimo, Modesta Goicouria e Praza de Pontevedra, onde recuperarán os itinerarios habituais, quedando temporalmente sen servizo as paradas de Praza de España, rúa Panaderas (Museo), San Andrés e Praza de Pontevedra.

Nos vindeiros días, e até o día 28 de agosto, as paradas alternativas provisionais estarán situadas nas seguintes ubicacións:
.- Rúa San Roque, 22 (dando servizo á zona da Praza de España)
.- Rúa Hospital no cruce coa rúa Zalaeta (sendo alternativa á da rúa Panaderas)
.- Paseo Marítimo frente ao Ambulatorio San José (sustituíndo á de San Andrés)
.- Praza de Pontevedra nº16, xunto á perfumería Arenal e diante das oficinas do Deportivo (no lugar de Praza Pontevedra Eusebio da Guarda).

 

Cortes de tráfico e accesos a garaxes

As obras de pavimentación provocarán que non se poida circular pola rúa Orzán desde a Praza Pintor Sotomayor á rúa Sol, nin pola rúa Sol desde San Andrés até a rúa Orzán. O tráfico desde San Andrés até Rúa Sol e Boquete quedará cortado, exceptuando garaxes e residentes. Ademais, haberá cortes de tráfico na Praza de España desviando o tráfico cara a rúa Hospital, con excepción para residentes, garaxes e reparto de mercancías. Habilitarase a circulación en sentido contrario no tramo entre de Corralón entre a rúa Orzán e Zalaeta, quedando prohibido o sentido actual de circulación.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s