Galería

O Goberno local lamenta que os Orzamentos Xerais do Estado volvan relegar proxectos “chave” como a intermodal ou o saneamento da ría do Burgo

A primeira tenente de Alcalde e concelleira de Medio Ambiente, María García, lamentou na mañá deste mércores que os Orzamentos Xerais do Estado para 2016
“seguen sen satisfacer investimentos chave para A Coruña, como a estación intermodal ou o saneamento da ría do Burgo, que non ten as partidas necesarias para acometer o proxecto”. Ademais, o Goberno local considera que desde o Executivo central “proseguen coa asfixia orzamentaria para os concellos”, criticou a responsable municipal, que vinculou as “pinceladas sociais” dos presupostos coa proximidade das eleccións xerais.

García indicou así mesmo que aqueles proxectos que si se ven dotados de orzamento, caso da ampliación da avenida da Pasaxe ou as actuacións na avenida da Vedra, fan necesarias reunións urxentes entre o Concello e os ministerios competentes, como o de Fomento. “Entendemos que hai que chegar a un consenso entre os requirimentos do Goberno da Coruña en relación á adaptación dos proxectos ao plan xeral urbano da Coruña, e os requirimentos doutras institucións, para humanizar no posible as vías de entrada á cidade”, indicou a responsable municipal antes de puntualizar: “Non esquezamos que unha vez que os coches entran na cidade, hai que buscarlles un sitio”. Neste sentido, a tamén concelleira de Medio Ambiente subliñou que a ampliación da Vedra deberá necesariamente facilitar o acceso ao transporte público.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s