Galería

A Xunta de Goberno local dá luz verde á operación de tesourería a curto prazo

A Xunta de Goberno local deste venres deu luz verde a unha operación de tesourería a curto prazo por importe de 11 millóns de euros, necesaria para poder facer fonte aos problemas de liquidez que presenta o Concello, derivados da mala xestión do anterior
Goberno, liderado por Carlos Negreira.

Informes tanto de Intervención como de Tesourería coincidían xa o mes pasado en alertar do posible incumprimento de Período Medio de Pago a Proveedores (PMP), como así ocorreu en xulio. A situación, de seguir sen solucionarse nos vindeiros meses podería provocar consecuencias legais, como unha eventual intervención de tutela financeira por parte da Xunta. Para evitar esa posibilidade, facer fronte aos problemas de liquidez e asegurar o cumprimento do PMP no futuro, o Goberno local viuse na obriga de acudir a esta operación de tesourería.

Entre as entidades financieiras que presentaron propostas ao Concello, a que ofrecía as mellores condicións ofertaba un tipo de xuro fixo ao 0,39% sen comisións. O Goberno local entende que grazas a esta operación de tesourería, nos próximos meses volverá a situar situar o PMP dentro do límite legal superado en xullo.

Por outro lado, na Xunta de Goberno local deste venres, 7 de agosto, tamén se trataron outros temas, como o destino dos 1,2 millóns de euros concedidos polo Ministerio de Fomento para adicar a Áreas de Rexeneración e Renovación Urbanas (ARRU). Por mor da escaseza de fondos outorgados (solicitáronse 5 millóns), decidiuse acabar coas actuacións xa iniciadas en Palavea e Os Mariñeiros. Tamén se actuará en San Vicente de Elviña, xa que ao ser máis reducida, resultará máis efectivo traballar nesta área.

O Concello, en todo caso, busca xa novos fondos para poder comezar a traballar na rehabilitación de outras áreas, cousa que intentara mediante a petición de fondos europeos, así como coa cualificación de novas ARRU.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s