Galería

A empresa concesionaria comprométese co Concello a acometer as obras necesarias no mercado de Santa Lucía e continuar coa súa xestión ata que rematen

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, alcanzou na mañá deste luns un acordo coa concesionaria do mercado de Santa Lucía polo cal a empresa se compromete a levar a cabo as reparacións imprescindibles na infraestrutura, dando conta ao Concello das actuacións, e a seguir coa xestión do mercado municipal o tempo que duren as obras. O acordo, que permitirá aos praceiros e praceiras continuar coa súa actividade, é resultado das xestións levadas a cabo polo Goberno local desde o inicio do mandato. A reunión desta mañá co representante da concesionaria inscríbese nesa liña de traballo aberta, dentro da cal o Concello iniciou, o pasado mes de xullo, un expediente de caducidade da concesión por incumprimento das obrigas de mantemento do local.

Nada máis rematar o encontro, o responsable municipal desprazouse ata Santa Lucía para comunicar as novidades aos comerciantes afectados.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s