Galería

O Concello da Coruña amosa o seu apoio aos traballadores de Indra, e pide á empresa “que manteña os postos de traballo”

10-08-15 LEMA -INDRA

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, mantivo na mañá deste luns unha xuntanza cos delegados sindicais da empresa Indra. Na reunión, o edil amosou o seu apoio aos traballadores e a súa demanda por manter os postos de traballo, sobre todo, “neste contexto de crise”. “Dende o Concello da Coruña expresamos a nosa solidariedade co persoal traballador, á vez que solicitamos á empresa que faga un esforzo por manter o emprego”,
sinalou.

Indra ten previsto aplicar, entre este e o vindeiro exercicio, un Expediente de Regulamento de Emprego (ERE) que afectará a uns 1.750 traballadores en todo o Estado. Aínda que o impacto deste proceso será máis reducido na Coruña que noutras zonas do Estado, o concelleiro de Emprego recorda que a multinacional conseguiu importantes ingresos en anos pasados. “É necesario quetrate de conservar o maior número de empregos posibles”, indicou Lema.

“En tanto que esta empresa ten un contrato en curso con nós, a súas relacións laborais co cadro de persoal son algo que nos importa”, explicou o responsable de Emprego. “Aínda que os afectados na cidade non van ser moitos, debemos salientar que son postos de traballo que xeran valor engadido e máis postos de traballo indirectos”, recordou o concelleiro. “Queremos que estes empregos sigan existindo xa que, ademais, contribúen a que se fixen na cidade traballadores mozos e cunha preparación alta”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s