Galería

Teatro Colón: volven Bertín Osborne e Paco Arévalo cunha nova aventura de Mellizos

Por humor al arte é o novo espectáculo de Bertín Osborne e Paco Arévalo, a terceira parte da aventura que iniciaron xuntos no 2013 con Mellizos: 2 caras duras en crisis. Nesta última proposta volven a confiar na fórmula que lles trouxo o éxito: cancións e humor. ‘Por humor al arte’ poderá verse no Teatro Colón o xoves 13 e o venres 14 ás 20:30 horas, o sábado 15 ás 20:00 e ás 22:30 horas e o domingo 16 ás 20:30 horas.

No espectáculo os dous humoristas tratan de explicar por que seguen xuntos partindo de que o público é o máis importante para eles. Manteñen a estrutura das propostas anteriores con cancións e música en directo, pero haberá tamén novas historias e imprevistos, xa que a improvisación segue sendo clave no show. Máis de 500.000 persoas ao longo de 400 representacións, un éxito que xustifican na complicidade que teñen os dous sobre o escenario e que se debe a que os une unha boa amizade.

A Osborne e Arévalo úneos unha relación de máis de trinta anos e coñécense tanto como se fosen realmente mellizos. A idea desta divertida e disparatada obra xurdiu por casualidade, Bertín comentoullo a Paco en broma e éste encargouse de organizalo todo para que o espectáculo vise a luz. Sen dúbida, esta estreita relación marca o carácter da proposta.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, enwww.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Blanca Bescansa

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s