Galería

Viñetas desde o Atlántico revela A Coruña como “cidade ilustrada”

20150810 JOSÉ MANUEL SANDE- VIÑETAS DESDE O  ATLÁNTICO 1

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou este luns na inauguración da XVII edición de Viñetas desde o Atlántico. O edil destacou a aposta do Concello da Coruña por este evento, referente do verán e as festas da
cidade. De feito, a pretensión municipal é dar un maior pulo a todas as actividades que teñen que ver co mundo do cómic e a ilustración ao longo do ano.

“Toda cita referencial merece estenderse e ampliarse, e entendemos que, aínda que soe pretencioso a idea dunha cidade ilustrada é suficientemente interesante e suxerinte para que a desenvolvamos”, dixo Sande. “Unha das apostas e propostas para estes tempos futuros sería, máis alá do plan de lectura e os plans municipais e de bibliotecas, nos que dalgún xeito xa está incorporado, que esta actividade poida ter lugar durante o resto do ano e non quede só neste evento referencial e importantísimo”, indicou o titular do departamento de Cultura na inauguración do certame.

“A idea para os vindeiros anos sería non só celebrar isto, senón dar un empurrón ao mundo do cómic, da ilustración, poñendo en valor un sector de excelencia propio da cidade”, explicou Sande. “Ao longo destes 18 anos de Viñetas desde o Atlántico xurdiron gran número de creadores, que hoxe están aquí presentes”, dixo. “É importante saber que Coruña é unha cidade ilustrada, e nunca unha palabra foi tan apropiada”, resolveu.

Dirixido por Miguelanxo Prado e coordinado por Manel Cráneo, Viñetas desde o Atlántico desenvolverase, nesta 18 edición, dende este luns até o día 16. O Salón do Cómic ten este ano unha importante presenza feminina xa que, por primeira vez, conta con máis invitadas mulleres que homes.

Os artistas invitados deste ano non son exporán as súas obras nalgunhas das distintas localizacións dentro da cidade nas que se desenvolve o certame, senón que tamén impartirán conferencias. É o caso de Ana Miralles, Ana Oncina, Alfonso Zapico, Chloé Cruchaudet, Joaquín López Cruces, Keko, Mai Egurza, Martín Romero e Moderna de Pueblo.

As distintas exposicións dentro de Viñetas desde o Atlántico terán lugar no Kiosko Alfonso, Palexco, a sala de exposicións do Pazo de María Pita, a biblioteca de Salvador de Madariaga e o Centro Ágora.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s