Galería

A asemblea de praceiros e praceiras de San Agustín acorda, por maioría, paralizar as obras que restan por executar.

11-08-15 MERCADO SAN AGUSTÍN

A asemblea de praceiros e praceiras do mercado de San Agustín acordou hoxe, por maioría e sen ningún voto en contra, paralizar as obras que restan por executar no
inmoble. Non obstante, o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema,
comprometeuse a que o Concello da Coruña levará a cabo neste mandato municipal os traballos de acondicionamento e posta a punto necesarios para a infraestrutura. Do mesmo xeito porá en marcha diversas actividades de promoción, coa fin de achegar máis xente ao mercado.

Foi o propio titular do departamento de Emprego e Economía Social o que presentou ante a asemblea de praceiros e praceiras un informe realizado por un técnico municipal que desaconsella seguir adiante coas obras no mercado e paralizar as que están en curso. De feito, este documento sostén que as obras da segunda fase “non tiñan resoltas as condicións de accesibilidade do proxecto de hostalería do primeiro andar”. Entre outras cousas, incluíase un vestiario no baixo, nun emprazamento que carecía de sentido, por situarse no corredor de acceso ao supermercado.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s