Galería

O Concello urxe a retomar o proxecto do centro de saúde no mercado de Santa Lucía

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, reuniuse na mañá deste martes co xerente da Xestión Integrada da Coruña, Francisco Vilanova, nun encontro co que o Concello retoma os contactos para abordar actuacións futuras no mercado de
Santa Lucía, entre elas, a construción dun centro de saúde, que serviría para aumentar os servizos que actualmente se prestan no centro de Federico Tapia. A pretensión do Goberno local é que as obras poidan estar en marcha o ano que vén.

A xuntanza, segundo expuxo o responsable municipal ao remate da mesma, tiña como finalidade “poñer en marcha, de novo, o grupo de traballo bilateral entre o Concello da Coruña e a Xunta, Consellería de Sanidade e Sergas, para iniciar o que vai ser o deseño do proxecto”. Ademais do centro sanitario, o Concello contempla unha praza de abastos, un aparcadoiro e varios locais de usos múltiples. Con ela, o concelleiro espera tamén “que a Xunta faga a reserva de crédito necesaria para incluír nos Orzamentos do ano que vén”. Tal como explicou, o responsable do Sergas incidiu durante o encontro na necesidade de ampliar os servizos sanitarios do centro de saúde de Federico Tapia, e valorou o espazo de Santa Lucía.

O concelleiro xa ten solicitada outra entrevista coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, dentro deste mesmo obxectivo de iniciar o protocolo de actuacións conxuntas no mercado a partir do ano que vén e pedir á Xunta que inclúa nos seus Orzamentos de 2016 a partida prevista de 1,7 millóns de euros para as mesmas.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s