Galería

O Goberno local convoca a PSOE e BNG para estudar as súas propostas para o modificativo de crédito necesario para facer fronte ás débedas do PP

O Goberno local, de acordo co anunciado polo propio alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, a pasada semana tras celebrarse o Pleno extraordinario, acaba de convocar aos grupos municipais de PSOE e BNG a senllas reunións a partir deste mércores para debater o modificativo de crédito necesario para facer fronte ás facturas pendentes do Concello, derivadas da
xestión do PP de Carlos Negreira.

Dende o grupo de Goberno solicítase a ambas formacións “retomar tan axiña como sexa posible as conversas arredor do modificativo de crédito”, que foi rexeitado no pasado Pleno cos votos negativos de PP e Bloque.

Do mesmo xeito que xa se fixo a semana pasada, o Goberno da Coruña solicita aos partidos “que faciliten por escrito as súas propostas detalladas sobre altas e baixas no modificativo de crédito, tomando como punto de partida o documento rexeitado polo Pleno”. A intención do Executivo municipal é, desta forma, “poder estudar e analizar” os cambios no modificativo que propoñen estas formacións para acadar un acordo “e a súa posterior tramitación”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s