Galería

O Goberno local propón compartir estratexias e recursos con outros concellos galegos coa transparencia e a participación entre as súas prioridades

11-08-15 PARTICIPACIÓN ÁGORA 2

O Concello da Coruña converteuse este martes no anfitrión dun encontro ao que acudiron representantes doutros municipios que teñen na transparencia e a
participación unhas das súas prioridades de Goberno. Así, o centro Ágora acolleu unha xuntanza entre representantes das concellerías de Participación da Coruña, Madrid, Santiago de Compostela, Ferrol e Sada.

Á reunión, entre outras personalidades, acudiron a concelleira de Participación da Coruña, Claudia Delso, ademais do seu homólogo en Madrid, Pablo Soto, os edís responsables destas áreas en Ferrol e en Sada, Álvaro Montes e Blanca Vázquez, e o xefe de gabinete da Alcaldía de Santiago (que ten as competencias en materia de Participación), Miguel R. Penas.

O obxectivo deste encontro, pioneiro en Galicia, é analizar os enfoques dos diferentes consistorios en relación ás concellerías de Participación, “así como os proxectos e liñas estratéxicas a desenvolver nos mandatos municipais”, segundo salientou Delso. Por outro lado, e como asunto de especial relevancia, estudáronse as posibilidades de desenvolver proxectos de forma colaborativa, compartindo código, recursos e información. A concelleira de Participación e Innovación Democrática da Coruña explicou que esta xuntanza é unha sorte de continuación daquela primeira á que acudiu o pasado xullo en Madrid, organizada pola concellería de Pablo Soto, e na que se acordou poñer en marcha un proxecto de colaboración e de comunicación en rede entre o concello madrileño, Zaragoza, Barcelona e A Coruña.

“Nesta ocasión decidimos aproveitar a presencia de Soto e explicarlles a outros concellos galegos ese proxecto para compartir recursos e abrir unha rede de traballo mediante un plantexamento de código aberto”, indicou Delso. “A intención é sementar e establecer canles de traballo conxuntas, xa veremos como e xa veremos cantas. Tivemos unha xuntanza en Madrid que agora estamos a facer estensible aos compañeiros e compañeiras doutras ciudades galegas”, dixo. “Ao final, estamos a
atoparnos con problemáticas comúns en case todos os concellos, por iso é importante compartir recursos”, engadiu.

Pola súa banda, Pablo Soto, titular da concellería de Transparencia, Participación e Datos Abertos de Madrid, puxo como exemplo a colaboración en materia tecnolóxica. “Cada vez que vén un reto neste tema, as cidades teñen que facer unha inversión fortísima, de costas case sempre aos outros concellos, nunha dinámica de competición, onde os únicos que gañan son os que se levan contratos millonarios”, explicou. “Queremos tratar de poñer en marcha, a través da participación e a transparencia, dinámicas colaborativas, onde varias localidades, cantas máis mellor, poidamos levar
a cabo o desenvolvemento de tecnoloxías que posibiliten abordar estes temas mediante o código aberto”, dixo. O concelleiro madrileño avogou tamén por “poñer en común todos os avances acadados de cara a establecer unha normativa común”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s