Galería

O Goberno local demanda á Autoridade Portuaria a negociación dos obxectivos operativos do plan estratéxico do porto coruñés

O Concello da Coruña sostén que é necesario abrir un proceso de diálogo e negociación coa Autoridade Portuaria para sentar os obxectivos do Plan Estratéxico do porto para a etapa 20162020. O Goberno local sostén que no canto da desafectación dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo, o Porto coruñés “debería incluír como obxectivo operativo a renegociación das condicións da débeda e do financiamento dos accesos terrestres ao Porto Exterior”.

O Goberno local defende que o desenvolvemento estratéxico do Porto pasa, en primeiro lugar, por un acordo entre as administracións competentes, que son o Estado, A Xunta de Galicia e o propio Concello, ademais da súa concreción coa revisión dos convenios e instrumentos de ordenación portuaria, neste caso, os acordos acadados no 2004 e o propio PXOM. Ademais, o Executivo coruñés defende a necesidade de que o Estado asuma, tanto nos Orzamentos de 2016 como no Fondo Financeiro de Accesibilidade Terrestre Portuaria, o financiamento dos investimentos de Punta Langosteira.

O Concello coruñés considera que todas estas cuestión deben figurar tanto no futuro Plan Estratéxico do Porto, como na obrigada revisión do Plan de Empresa de 2014.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s