Galería

A Concellería de Igualdade amosa o seu descontento con campañas como a do Oktoberfest, “que utiliza a imaxe da muller como reclamo sexual”

A Concellería de Igualdade e Diversidade considera que a publicidade da festa Oktoberfest, que estes días ten lugar na Coruña, “utiliza a imaxe da muller como obxectos de desexo e reclamo sexual”, sen ter isto relación algunha co produto que quere comercializar. Ademais, segundo a titular deste departamento do Concello coruñés, Rocío Fraga, a publicidade deste evento “usa a imaxe das mulleres asociada a comportamentos estereotipados”.

A forma de publicitarse que ten o Oktoberfest está directamente enfrontada coa campaña posta en marcha polo Concello da Coruña, por unas festas “Libres de Violencias Machistas”. “Este evento é claramente un exemplo do enfoque que non queremos ter nos nosos festexos”, explica Fraga.

A concelleira fai fincapé, entre outros aspectos, na cuña publicitaria desta actividade: “ Cerveza por doquier/vuelve la fiesta a mi ciudad/el mejor bocado y chicas de buen ver/brindemos por la Oktoberfest” .

Por todo isto, a Concellería de Igualdade e Diversidade quere manifestar o seu “descontento” polo feito de que A Coruña “albergue un evento que se publicita deste xeito, denigrando a imaxe das mulleres”.

A actividade do Oktoberfest ten lugar en terreos da Autoridade Portuaria.“Dende o Concello, o que podemos e imos a facer é reflexionar para, nun futuro inmediato, estudar fórmulas desde o ámbito municipal que promovan accións que garantan o dereito á igualdade”, explica Fraga. “Estas accións van dende a realización de campañas e actividades educativas até a promoción de criterios nas normativas reguladoras que sexan de competencia municipal para favorecer outro tipo de festas,
que se leven a cabo en espazos de convivencia en igualdade”, indica a concelleira.

“Queremos deixar clara a nosa postura ante este tipo de campañas e de festas que favorecen a cousificación das mulleres baixo unha imaxe estereotipada, polo que comezaremos a traballar de inmediato na liña sinalada, incorporando as medidas legais que sexan necesarias para evitar, na medidas das nosas posibilidades, este tipo de campañas”, di Fraga.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s