Galería

O Concello non asumirá a posta a disposición da segunda fase das obras da Mariña ata verificar que contan con licencia municipal

20150814 XIAO VARELA 2

O Concello anunciou na mañá deste venres que non está en condicións de asumir a posta a disposición das obras de urbanización da Mariña sen que conste a licenza ou autorización municipal correspondente, segundo expuxo ante os medios o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, quen indicou que, a día de hoxe, non consta nin outorgada nin solicitada, nin pola Autoridade Portuaria nin pola empresa adxudicataria. “Ademais dunha ilegalidade sería unha grave irresponsabilidade firmar esa acta”, sinalou Varela.

 

Autoridade Portuaria

O Goberno municipal tenlle solicitado de forma verbal en varias ocasións á Autoridade Portuaria esta autorización, sen que ata agora teña obtido resposta. “Por razóns de lealdade institucional e seguridade xurídica, remitimos escrito oficial requiríndolles a autorización. A Autoridade Portuaria recibiu este escrito o luns día 10 de agosto, e até o momento tampouco tivemos resposta”, informou o concelleiro.

Tal como indicou o responsable municipal, nin os convenios nin as adendas asinadas entre o Concello e a Autoridade Portuaria son títulos legais que amparen as obras, xa que un proxecto ordinario de obras de urbanización, como é o caso, está suxeito a licenza municipal, tal e como consta na propia Ordenanza Municipal. Os convenios son acordos de cooperación entre administracións basicamente, de financiamento municipal das obras, pero en ningún momento son equivalentes ás necesarias autorizacións municipais nin as substitúen. “Un convenio non pode autorizar obras”, subliñou Varela, quen engadiu que nin nos convenios nin nas adendas se exime á
Autoridade Portuaria do deber de obter as autorizacións ou permisos que correspondan. “A Autoridade Portuaria está a incumprir un convenio cando adxudica e executa obras de urbanización sen requirir previamente a preceptiva autorización municipal”, resumiu.

A necesidade de licenza é, tal e como apuntou o responsable de Rexeneración Urbana, aínda máis obrigada no caso das obras da Mariña, tendo en conta que na execución foron derrubadas dúas edificacións, como son a Oficina de Turismo e a antiga sede de Sanidade Exterior, sen que conste tampouco autorización ou licenza municipal.

Malia a todo isto, aclarou que a Autoridade Portuaria pode abrir as obras cando queira, como fixo con outras fases das obras. “Confiamos en que non mudase o criterio”, indicou o concelleiro, que adiantou que, no caso de que non retire as vallas, o Concello ordenará a súa retirada. “A vontade do Goberno municipal é que se cumpra a legalidade urbanística para que o espazo da Mariña estea á altura do que a cidadanía da Coruña merece, a nosa máxima prioridade é que se protexa o ben común, os intereses dos veciños e as veciñas”, recalcou Varela. “Non deixaremos de cooperar con
calquera administración para resolver esta cuestión da mellor maneira posible e no menor prazo de tempo”, garantiu.

Tamén, Varela lembrou que a totalidade das obras de urbanización en superficie son abonadas polo Concello (en base ao convenio asinado polo anterior Goberno local), como tamén os gastos de mantemento, en terreos que seguen sendo propiedade da Autoridade Portuaria. A cesión de terreos portuarios desafectados aos concellos para destino e usos públicos é unha previsión legal expresa
establecida na Lei de Portos, polo que se demandará esta cesión nun vindeiro Pleno da Corporación. O concelleiro sinalou, para finalizar, que os xardíns da Mariña e parte dos viarios foron desafectados (ou sexa, declarados innecesarios) do dominio público portuario en 1999 con ocasión da aprobación do Plan de Utilización dos Espazos Portuarios, e aínda hoxe non foron cedidos ao Concello.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s