Galería

Teatro Colón: Arturo Fernández volve á Coruña con ‘Enfrentados’

Despois do éxito obtido o pasado verán, Arturo Fernández presenta de novo o espectáculo ‘Enfrentados’ no Teatro Colón da Coruña. A comedia que protagoniza xunto a David Boceta poderá verse do martes 18 ao venres 21 de agosto ás 20:30 horas e o sábado 22 ás 19:00 e ás 22:00 horas.

‘Enfrentados’ é un texto do norteamericano Bill C. Davis, no que o actor asturiano interpreta a un sacerdote. A obra, escrita en clave de comedia, estreouse en Broadway en 1980 e recbiu o Premio do Círculo de Críticos. Dous anos despois chegou a Londres con Rupert Everett como protagonista, foi tamén levada ao cine con Jack Lemmon. Nesta adaptación o actor David Boceta acompaña a Arturo Fernández, dándolle a réplica como o seminarista Tomás de la Casa. 

Arturo Fernández da vida en Enfrentados a un sacerdote católico de gran carisma que probablemente estea chamado a maiores responsabilidades. É querido e admirado polos fregueses da súa Parroquia situada nun dos barrios máis elegantes da cidade e comparte as súas tarefas como tal cun programa de televisión semanal no que se debaten os temas de actualidade da Igrexa. Debates que lle gusta preparar cun diálogo aberto ao final das súas misas. Dotado dun gran sentido do humor e dunha fina ironía. Entre as súas afeccións está a de degustar os bos viños cos que os seus adiñeirados parroquiás o obsequian.

A aparición do mozo Tomás de la Casa, un seminarista apaixonado e rebelde vai a trastornar moitas cousas na parroquia dando lugar a un enfrontamento que levará ao espectador da risa á tenrura durante toda a función. Constitúe todo un duelo interpretativo e un espectáculo con maiúsculas pola calidade e profundidade do texto, así como polo humor e a ironía co que se desenvolve e pola coidada e ambiciosa posta en escena.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Blanca Bescansa

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s