Galería

O Goberno da Coruña promoverá este outono a “Primavera da Memoria”

Cando se cumpren 79 anos do fusilamento de Alexandre Bóveda na Caeira de Poio, o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento do Concello da Coruña, José Manuel Sande, quere recordar que o novo Goberno local prepara para este outono a celebración da “Primavera da Memoria”. Unha serie de actividades coas que se busca aplicar na cidade a Lei da Memoria Histórica, ademais de render unha homenaxe ás vítimas do franquismo. “O que propoñemos é unha aplicación da Lei da Memoria Histórica gozosa e participada. Non debemos desdramatizar o noso pasado, senón que debemos renderlle xusto tributo, facendo partícipe á veciñanza e a tantos dos implicados de diversas maneiras”, di o edil.

O Concello da Coruña quere poñer diversas iniciativas en marcha co obxectivo de cumprir a Lei de Memoria Histórica e que pasan non só, pola retirada de símbolos franquistas, senón tamén por homenaxear ás vítimas como parte dun plan integral de reparación dos damnificados do que participe toda a cidadanía.

Nesta xornada, Sande recorda a figura de Bóveda como “un símbolo desta terra e tamén unha dramática metáfora da Guerra Civil, ese acontecemento abrupto que domina a nosa historia do século XX, vítima xunto a outros moitos, destinos aciagos e común que van dende Ánxel Casal até Manuel Gómez del Valle”. “De Bóveda son moitos os elementos da súa vida breve e apaixonante, algúns tan preclaros como o
ideario que propón na vindicación dunha redistribución tributaria ou dun novo sistema fiscal, ese preludio que permite tamén perfilar as Caixas de Aforros coa concepción dunha Banca Pública. Son moitas as razóns polas que recordalo”, explica o concelleiro de Culturas. “Unha cidade ilustrada é aquela que coñece e se recoñece no seu pasado”, conclúe.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s