Galería

Xulio Ferreiro: “A xente votounos para que as cousas se fagan doutro modo, e iso significa cumprir coa legalidade urbanística e non coller atallos”

17-08-15 Xulio Ferreiro 2

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reafirmou este luns a intención do Concello de desbloquear canto antes a situación das obras da MariñaParrote, aínda que sempre cumprindo a lexislación vixente. O rexedor informou de que deu orde ao concelleiro de
Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, de solicitar á Autoridade Portuaria (AP) a convocatoria da comisión de seguimento destas obras. “Non temos intención de enlearnos neste tema, a nosa vontade é a de dialogar e resolver este asunto”, aseverou, á vez que recordou que o Concello segue sen estar en condicións de asumir a posta a disposición das obras de urbanización, se non ten constancia da licencia ou a autorización municipal correspondente.

“A nosa vontade non é a de comezar unha batalla, isto é unha cuestión de legalidade urbanística. Se até o de agora as cousas non se facían ben, agora si teñen que facerse deste xeito. A xente votounos nestas eleccións para que as cousas comecen a facerse doutro xeito,e iso significa cumprir coa legalidade urbanística e non coller atallos”, dixo o rexedor.

“Os atallos poden traer moitas derivadas, como privar á cidadanía da Coruña de que puidesen opinar acerca de como querían que se levasen a cabo as obras deste espazo tan importante. Agora vemos como chegan as queixas sobre se hai sombra, se non a hai, as árbores, se pode haber un chiringuito…Iso tiña que ter sido decidido entre todos e todas”, explicou. “Queremos que os veciños e veciñas poidan opinar sobre o que quere para a súa cidade, ademais de clarificar a legalidade das obras”, engadiu.

Ferreiro manifestou o seu desexo de que na reunión da comisión de seguimento das obras da Mariña-Parrote se aborden máis temas, e non só en concreto o estado desta parte das obras xa acabadas. “O que queremos é falar de todo, da titularidade dos terreos, das operación urbanísticas…”, dixo. “ A cesión dos terreos é algo importante, xa que estamos a falar de solo que está desafectado do Porto dende hai anos. A Autoridade Portuaria ten a súa propiedade patrimonial pero esa zona non está dentro do dominio público portuario. O normal sería que se estes terreos teñen un uso público revirtan no Concello da Coruña”, opinou Ferreiro, que adiantou que este tema será levado a Pleno.

En rolda de prensa, o rexedor recordou, non obstante, que a Autoridade Portuaria pode retirar en calquera momento os valados das obras xa rematadas, “como xa fixo noutras ocasións”. “Pode facelo en calquera momento, que o Concello seguirá como até o de agora, asumindo a limpeza e a regulación do tráfico”, indicou. “A novidade está neste caso no cambio de criterio do Porto, que antes non tiña problema en ir abrindo as obras que remataba e agora parece que si”, dixo. “Deixaron de retirar os valados cando dixemos que non iamos a recibir formalmente a obra”, indicou. “Entendo que a xente pode estar molesta co que está a ocorrer, pero a cidadanía tamén sabe que as
cousas hai que facelas ben. Esta é unha obra que o Concello paga pero que executa a Autoridade Portuaria. O Concello, e a cidadanía, por tanto, asume tamén o mantemento da obra, polo que ten que quedar ben clarificado que responsabilidade debe asumir cada parte. Se as obras están nun estado de ilegalidade pode haber consecuencias legais, polo que este non é un tema menor”, insistiu o alcalde coruñés.

O rexedor explicou aos medios que a AP ten até o venres para facer chegar os papeis que considere necesarios ante o requirimento por parte do Concello da solicitude de licenza municipal. Non caso de que as obras non puideran recepcionarse por falta das licenzas ou permisos necesarios, o Concello “remitirá o asunto á autoridade competente, que neste caso é a Xunta de Galicia”.

“Isto non significa para nada que as obras vaian a paralizarse, aínda que en calquera caso iso é competencia do que fai a obra, non do Concello. O que ocorre é que nós non queremos recepcionar unas obras até que non teñamos constancia de que existe a licenza municipal correspondente. O Concello pon os cartos para a obra e logo ten que encargarse do seu mantemento, polo que temos que asegurarnos de cumprir a legalidade”, afondou o alcalde.

Despois da rolda de prensa do alcalde, a Autoridade Portuaria anunciou a retirada do valado e posta a disposición da cidadanía da zona xa rematada, o que terá lugar este mércores ás 11.00 horas. Mañá representantes da AP e o concelleiro de Rexeneración Urbana reuniránse para coordinar a apertura.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s