Galería

O alcalde aposta por “institucionalizar dun xeito máis estable” a relación do Concello da Coruña cos municipios da súa contorna

18082015-_MG_9990

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse na mañá deste martes co rexedor de Abegondo e presidente do Consorcio e da xestora da Mancomunidade das Mariñas, José Antonio Santiso, para abordar as posibilidades de que A Coruña entre a formar parte dun espazo metropolitano. “Este Goberno municipal é partidario de establecer relacións máis estreitas cos concellos da contorna, a nosa disposición é sempre a colaborar e a colaboración ten que vir primeiro cos concellos cos que compartimos problemáticas, servizos e áreas xeográfica”, salientou o rexedor coruñés ao remate desta primeira toma de contacto.

O primeiro paso será, segundo indicou Ferreiro, coñecer as actividades da xestora da
Mancomunidade e estudar o borrador dos estatutos do futuro ente metropolitano. “Hai unha serie de cuestións nas que A Coruña e os concellos limítrofes xa nos estamos relacionando e sería bo institucionalizar esa relación dalgún xeito máis estable”, subliñou o alcalde coruñés, quen engadiu: “O importante é que se poñan ben as bases desde o principio, non meternos con calzador nunha institución que igual non está preparada para recibir ao Concello da Coruña”. “Veremos se chegamos á constitución inicial da Mancomunidade ou se é necesario facelo máis adiante”, indicou, despois de insistir na disposición do Concello da Coruña á colaboración entre municipios, de acordo co programa electoral do grupo que sustenta ao Goberno local.

Tal e como lembrou o rexedor da Coruña, existen cuestións como a Edar de Bens, o lixo, o transporte metropolitano ou o tema da auga, nos que os concellos da comarca xa teñen relación. “Estes son asuntos que están enriba da mesa pero hai outros nos que podemos avanzar e habería que darlles esa institucionalidade”, incidiu Ferreiro. “Veremos cal é a fórmula concreta e cales son as condicións concretas nas que A Coruña poida asumir o papel natural que ten por poboación e por importancia económica, sen devorar ao resto de concellos”, avanzou.

Neste sentido, o presidente da xestora da Mancomunidade das Mariñas concordou nos pasos a seguir e ofreceu ao Goberno da Coruña un prazo dun mes para analizar o borrador dos estatutos. “Hai que establecer as bases e o Concello da Coruña ten que estudalo e ver a posibilidade de incorporarse a esa mancomunidade ou a algún outro sistema de agrupación de municipios. Nós entendemos que a área metropolitana non debería de estar sen a súa metrópole, polo tanto, queremos que se unan os concellos e formen esa mancomunidade ou esa agrupación de municipios”, manifestou Santiso, quen destacou: “En principio hai un entendemento, ganas de chegar a acordos”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s