Galería

O Concello saca a licitación o contrato para promocionar o comercio de barrio entre os máis novos durante o Samaín

O Concello saca a licitación o contrato para realizar unha campaña de dinamización do comercio de proximidade durante a celebración do Samaín 2015, enfocada cara aos máis novos e as súas familias. O obxectivo, segundo salienta o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, é achegar aos rapaces e rapazas de Primaria ao
comercio do seu barrio mediante visitas e agasallos que incluirán castañas e vales para unha festa de disfraces na que poderán desfilar os e as participantes. A acción, para a que se destinan 72.000 euros, pasa por organizar visitas entre a rapazada de cada barrio polos negocios da súa zona para dar a coñecer os negocios locais nun contexto festivo no que se misturan o Samaín, Halloween e os magostos.

“Esta iniciativa é mostra do compromiso deste Goberno municipal co comercio de barrio, tal como se recollía no noso programa”, destacou o concelleiro, que lembra que para deseñala contouse coa opinión de representantes das asociacións e do comercio local.

 

Auxiliar de comunicación
Por outra banda, o Concello vén de sacar a concurso un posto de auxiliar de prensa para o gabinete de Alcaldía. A praza, que se cubrirá polo sistema de libre designación tendo en conta a experiencia profesional e formación das persoas candidatas, está reservada a funcionarios de carreira do Concello. O complemento anual específico para este posto está fixado en 10.878,05 euros.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s