Galería

Xiao Varela: “Tanto o Concello como a Autoridade Portuaria temos vontade de entendemento, pero as obras da Mariña non serán municipais até non estar en regra”

18-08-15 XIAO VARELA -MARIÑA

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, reuniuse hoxe con representantes da Autoridade Portuaria (AP) para coordinar a apertura do tramo da Mariña recentemente rematado. A previsión é que este mércores, ás 11.00 horas da mañá, o Porto retire os valados. O Concello farase cargo “de todo o que ten que ver co tráfico ao ser un espazo público”, aínda que continuará sen recepcionar a obra á espera de resposta ao requirimento do título habilitante que solicitou á institución portuaria. O edil indicou, ademais, que o próximo martes reunirase, a petición do Goberno local, a comisión de seguimento das obras da MariñaParrote.
“Alí falaremos de diversos temas”, adiantou.

Segundo Varela, ambas as dúas partes convocadas á reunión de hoxe amosaron “vontade de entendemento e disposición a traballar”. “Queremos achegar posicións, e temos que seguir traballando para solucionar canto antes os problemas que, a noso parecer, hai nas obras”, explicou aos medios, ao remate da xuntanza, na que se reuniu co director da AP, a presidenta en funcións e un técnico.

Con todo, o Concello segue esperando unha resposta por parte de AP á solicitude de documentos que acrediten que as obras teñen licenza municipal, algo que, polo momento, non consta ao Goberno da Coruña. “Seguimos á espera do título habilitante da Autoridade Portuaria. En principio, o que nos dixeron é que van a contestar en prazo cos seus argumentos. Tras iso, analizaremos a maneira de proceder. Nós continuamos a entender que para estas obras é necesaria unha licenza, que cremos que non existe, ou da que non temos constancia”, indicou Varela.

Por outro lado, o concelleiro de Rexeneración Urbana destacou que o máis importante, neste momento, “era coordinar o tema de seguridade, para que obra se abrise ao público, e a cidadanía puidese facer uso dela, que era o que nos preocupaba”.

Varela recordou que no caso de que as alegacións da Autoridade Portuaria non se axusten aos requirimentos que fai o Concello, o asunto será remitido á Xunta, como órgano competente. “Non temos ningunha vontade de parar as obras, pero o que faremos se non aparece licenza nin autorización será remitir o tema á Xunta. Este é o organismo que ten potestade para paralas, se así o estima”, indicou.

“Na reunión tamén falamos do valado. Como aínda non está en servizo o tramo do Parrote, non podemos proxectar ou poñer en funcionamento todo como nos gustaría. O viario terá que seguir valado, polo menos até que entre en servizo o Parrote. Os valados que até agora son da UTE (Unión Temporal de Empresas que fan as obras), pasarán a ser municipais, é dicir, unha vez que se retiren os de obra, poñeremos uns baixos”, explicou. “Iso manterémolo na zona do viario, o resto quedará aberto ao tránsito e introduciremos pasos de peóns”, comentou.

En canto as melloras nas obras que proxecta o Concello, Varela explicou que até que estas non sexan recepcionadas, con todas as garantías legais, “non poderemos facer nada”. “Temos que esperar a recibir as obras, e a que estean en regra e arranxadas. Até que todo presente un bo estado de revista, non serán municipais e, polo tanto, non poderemos introducir as melloras que pensabamos, aínda que moitos dos elementos que pretendemos introducir xa están fabricados e preparados”, engadiu.

Varela tamén recordou que mentres as obras sexan responsabilidade da Autoridade Portuaria, será este organismo o que se teña que facer cargo das mesmas, así como solventar as deficiencias que se detecten.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s