Galería

Teatro Colón: 50 Sombras! El Musical abre a programación de setembro

A adaptación teatral do best seller internacional ’50 sombras de Grey’ chega a Coruña despois do éxito coseitado no Teatro Nuevo Apolo de Madrid. A comedia, dirixida por Jesús Sanz-Sebastián, poderá verse en tres únicas funcións: o venres 4 de setembro ás 20:30 horas e o sábado 5 ás 18:30 e ás 21:30 horas.

50 Sombras! El musical é a comedia orixinal da novela erótica actual máis influínte: ’50 sombras de Grey’, da que se venderon máis de 60 millóns de copias en todo o mundo. A versión teatral ofrécenos o punto de vista dos lectores a través do club de lectura de Pam, Carol e Bea; mentres van lendo o libro da imaxinación de cada unha xorden distintas escenas que lles farán revivir a paixón sen freo dos protagonistas da novela.

50 Sombras! El Musical foi estreado en Estados Unidos, Alemaña, Holanda e Francia cun gran éxito de crítica e público. Despois de facer tempada de seis meses no Teatro Nuevo Apolo de Madrid –con máis de 30.000 entradas vendidas- chega a Coruña o 4 e o 5 de setembro.

 

O teatro é o protagonista do mes de setembro

 

O teatro será o protagonista do mes de setembro con obras de referencia a nivel nacional como ‘El Greco y la Legión Tebana’ ou ‘El Eunuco’. Haberá tamén espectáculos de humor, danza, maxia e cine.

Panicoescénico Producciones presenta o venres 11 de setembro ‘El Greco y la legión Tebana’, unha proposta protagonizada por actores de primeiro nivel que narra as intrigas na corte de Felipe II e a loita de El Greco por lograr ser o pintor oficial. Outro dos pratos fortes do mes é a proposta musical ‘El Eunuco’ premiadísimo espectáculo que conta co selo R de espectáculo recomendado por La Red de Teatros. Recibiu, ademais, o premio Max a mellor actor de reparto para Pepón Nieto e o Premio Ceres do Público na 60 Edición do Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida.

Haberá tamén propostas para os máis pequenos con ‘Chequín’, un espectáculo de maxia de Paulino Gil que recibiu o premio ao mellor espectáculo de maxia cómica no Word Street Magic Festival de Alemaña e que se poderá ver o domingo 27.

Como novidade o Teatro Colón acolle o Sing –Along da película Grease, unha proxección do filme na súa versión dobrada coas cancións en versión orixinal subtitulada que contará con actores que animarán ao público a cantar e bailar os temas da mítica cinta protagonizada por John Travolta e Olivia Newton-John. Os espectáculo de humor Noites de Retranca con Quico Cadaval, Celso Fernández Sanmartín e Candido Pazó e #quenonosfrunjanlafiesta2 de David Guapo ou a coprodución de Ballet Norte e o Centro Coreográfico Galego ‘Atlántica’ completan a programación. 

 As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Blanca Bescansa

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s