Galería

Xiao Varela: “Cando as obras da Mariña sexan responsabilidade municipal, as melloras serán consensuadas coa veciñanza”

19-08-15 XIAO MARIÑA-PARROTE

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, visitou este mediodía o tramo de obras da Mariña recentemente rematado e que a Autoridade Portuaria abriu hoxe ao público. Un tramo que, non obstante, aínda non foi recepcionado polo Concello na Coruña. Non o será até que a institución portuaria non responda ao requirimento do Goberno local, no que conste que a obra conta coa licenza correspondente. “Viñemos botar un ollo, aínda que as obras non están aínda recibidas e, polo tanto, non temos responsabilidade sobre elas”, dixo o edil que, non obstante, explicou que a súa supervisión era importante de cara a reunión da comisión de seguimento das obras da MariñaParrote, que terá lugar
o próximo martes, despois de que así o solicitase.

“Hai que seguir traballando na regularización das obras e nas posibles melloras que poidan vir a partir de agora”, explicou Varela. “Melloras que deben artellarse como non o foron até o de agora, é dicir, falando e consensuándoas coa cidadanía. É necesario escoitar as necesidades da xente que vive neste espazo, así como as achegas que poidan facer de cara a unha mellora na súa urbanización”, dixo.

Non obstante, Varela recorda que para que esta interacción coa veciñanza poida levarse a cabo, as obras deben ser primeiro recepcionadas dentro da legalidade. “Até que a obra non sexa recepcionada, temos que esperar. Logo, actuaremos como sempre, primeiro escoitaremos á xente e as súas demandas, como xa viñemos facendo cos hostaleiros da Mariña ou cos usuarios do espazo anterior, do parque”, indicou ante os medios de comunicación. “Logo, sendo as obras xa de responsabilidade desde Goberno, abriremos unha canle para que todo aquel que queira, poida facer
as demandas que considere.

Varela recordou que o Concello segue a espera das alegacións da Autoridade Portuaria acerca do requirimento feito das licenzas municipais que debe ter dita obra. “Eles xa anunciaron que presentarán as alegacións correspondentes. O venres péchase o prazo, cando as presenten as analizaremos, e o martes falaremos sobre o asunto, na comisión de seguimento”, explicou Varela, que engadiu: “Entendo que vai haber unha disparidade de criterios, pero a partir de aí empezaremos a traballar para regularizar as obras e chegar a un punto de acordo”.

O concelleiro tamén dixo, a preguntas dos medios, que, polo momento, aínda non recibiu o informe solicitado sobre os materiais empregados neste tramo de obra. “Do Parrote si hai informes municipais sobre as súas deficiencias, pero da Mariña aínda non. Agora será preciso analizar polo miúdo cos técnicos municipais esta segunda parte de urbanización”, adiantou.

Máis alá das melloras que nun futuro se apliquen, consensuadas cos veciños e veciñas, o Goberno local ten previsto a colocación de bancos para a protección do cantil. “Hai que protexer, sobre todo, a zona de máis densidade de uso infantil, así como introducir zonas de sobra na parte dos máis pequenos”, explicou. “Pero para iso, hai que recepcionar a obra con total legalidade”, apuntou. En canto a colocación dun establecemento hosteleiro Varela respondeu que este aínda se está
“estudando urbanísticamente”.

Por outra banda, o concelleiro de Rexeneración Urbana manifestou non ter constancia do Plan de Tráfico que supostamente ten o PP para a zona. “É curioso que non o coñezamos, pero é un estándar. No traspaso de poderes de todas as concellerías a información previa semella que non fluíu como debería. Nós, dende logo, non temos ningún problema en analizalo. De feito, entendemos que é un estudo que foi feito con recursos públicos e que non debería ser propiedade da anterior corporación, senón que debería de estar enriba das mesas dos actuais concelleiros”, opinou. “Se existe, non temos ningún problema en valoralo”.

Varela quixo matizar, ademais, que “as obras, en xeral, non son propiedade dos políticos, senón que son da xente que vive na cidade e que as paga. Nós estamos aquí simplemente para verificar que se están a facer de xeito correcto, pero en ningún momento tratamos de apropiarnos de este espazo, porque é da cidadanía”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s