Galería

Xulio Ferreiro participa en Teo, xunto a outros tres rexedores, na homenaxe a Ánxel Casal, alcalde de Santiago asasinado en 1936

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou esta tarde na homenaxe ao último alcalde republicano de Santiago de Compostela, Ánxel Casal, coruñés e asasinado en agosto do ano 36. No acto, que tamén recorda que se cumpren 120 anos do seu nacemento, estivo acompañado polos rexedores de Teo, Rafael Sixto; Compostela, Martiño Noriega¸ e Arzúa, José Luis García.

Nun acto que tivo lugar na Estivada da Ribeira, en Montouto (Teo), moi preto da
curva onde foi atopado o corpo de Ánxel Casal, Ferreiro gabou a súa figura. “Hoxe
lembramos a un editor da Coruña que foi alcalde de Compostela. Soamente esta frase
abondaría para clausurar para sempre o localismo. Porque é moito máis o que nos une.
Por exemplo, a lembranza de Ánxel Casal, ao que non asasinaron porque fose de aquí
ou de alá, senón polas ideas e os homes e as mulleres que defendía, polo que
representaba como motor de emancipación, polas barreiras que xunto a milleiros de
persoas, por enriba das diferenzas, estaba comezando a superar en nome do ben
común”, dixo.

O alcalde coruñés recordou, ademais, a intención do Goberno local de poñer en
marcha este outono a “Primavera da Memoria”, unha serie de actividades para honrar e recoñecer ás vítimas do franquismo, así como para cumprir coa Lei de Memoria Histórica.

Por outro lado, Ferreiro manifestou de que o ano que vén, A Coruña tamén celebrará o
centenario da fundación na cidade das Irmandades da Fala, nas que Casal foi unha
peza clave.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s