Galería

O Concello prorroga un mes máis á anterior concesionaria do servizo da ORA, que se espera que xere ás arcas municipais un saldo positivo

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, anunciou hoxe que o Goberno local decidiu prorrogar durante un mes máis á empresa que, até este momento, está a xestionar o servizo da ORA na cidade. A decisión vén motivada polo recurso presentado por outro grupo empresarial para impugnar “a valoración da mesa de contratación que dirixiu durante o anterior mandato Rosa Gallego” para a concesión da ORA. “Esa impugnación implica a imposibilidade de que a nova concesionaria comece a traballar polo momento”, explicou o rexedor este venres ante a prensa.

O Goberno local tomou, por tanto, a decisión de prorrogar novamente os servizos da
anterior concesionaria da ORA. Así o seguirá a facer durante o tempo que dure a resolución do recurso, e que se estima nun mes. Non obstante, Ferreiro incidiu en que esta prórroga, que se prolongará até o 30 de setembro, non causará ningún tipo de perxuízo económico ao Concello, “ao contrario”.

“Tomouse esta decisión porque ao só prorrogarse o servizo da ORA, non se produce ningún tipo de custo engadido, senón máis ben ao revés”, explicou. “Os informes que nos pasan os servizos de Mobilidade do Concello, así como os datos históricos, dan a entender que a partir de agosto e de setembro incluso se xerará un saldo positivo para o Concello, que rondará os 20.000 euros ao mes”, indicou. “Visto que non implica ningún deterioro económico, e ante a necesidade de seguir prestando este servizo, o martes levaremos a prórroga deste servizo ante a Xunta de Goberno local”, engadiu.

Ferreiro comentou que os datos que manexa o Concello indican que durante este ano o
servizo da ORA, descontando o contrato da grúa, xerou un saldo positivo medio de 17.000 euros. “En xuño foi de 24.000 euros e en xullo de 27.000, e esperamos que en agosto e setembro as cifras sexan similares”, comentou. “Os informes o que non din e que o servizo deficitario era o da grúa e, agora, separados ambos servizos cun novo contrato para a grúa, a ORA non está a xerar deterioro económico no Concello. De feito, ao longo deste ano, este servizo non foi deficitario durante ningún mes”, comentou.

Sinfónica

Por outro lado, o alcalde coruñés quixo deixar claro o “apoio decidido” do Concello ao
Consorcio de Promoción da Música e, en especial, a Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG), que esta noite actuará na Plaza de María Pita ás 21.00 horas. “O noso compromiso quedará patente nos orzamentos do ano que vén, nos que trataremos de potenciar e poñer no lugar que se merece a este organismo”, comentou. “Esperamos que as institucións con presencia no Consorcio tamén se impliquen, nomeadamente a Xunta, que non está a cumplir os compromisos de financiación, e a Deputación”, engadiu, para insistir que o apoio do Goberno coruñés “está garantido”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s