Galería

A Concellería de Medio Ambiente colabora coa veciñanza dos asentamentos nun proxecto piloto de xestión integral de residuos

24082015-_MG_1371b

A Concellería de Medio Ambiente colabora estes días na posta en marcha dun proceso de xestión integral dos residuos nos asentamentos precarios da cidade. A iniciativa, organizada polas veciñas e veciños do Campanario e As Rañas e que se desenvolverá até o vindeiro martes, busca acondicionar a contorna partindo dunha xestión axeitada do lixo con separación en orixe e recollida selectiva.

O Concello da Coruña participa neste proxecto piloto achegando contenedores e facilitando a separación de residuos e o seu transporte aos lugares pertinentes. A concelleira de Medio Ambiente, María García, felicitou as e aos impulsores da iniciativa e puxo de manifesto que “as políticas de dignificación da calidade de vida nos barrios son un eixo principal do Goberno”. Esta experiencia piloto, que se desenvolverá até o vindeiro martes e que a responsable municipal cualificou de “ilusionante”, será o punto de partida para estabilizar a colaboración entre a Concellería e a veciñanza nos vindeiros anos. “Ímonos sentar para organizar, xuntas e xuntos, aspectos como a
xestión de residuos, a protección ante riscos ambientais ou o saneamento. Queremos que vaia alén dun esforzo puntual e dea paso á creación das estruturas necesarias para que a veciñanza do Campanario e As Rañas poida mellorar o seu entorno vital contando co apoio do Concello”, afirmou García.

A responsable da Concellería sinalou que o Goberno municipal apoiará esta iniciativa “marcada pola corresponsabilidade, xa que a nosa premisa é que se impliquen todos os axentes relacionados na mellora dos barrios”. O obxectivo desta experiencia, segundo expresou García, “é ampliala nos próximos anos para mellorar a calidade de vida” nestes asentamentos.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s